Mención Especial no concurso “Sensores para todos”

O proxecto “Xogando coa luz” elaborado por un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO, acadou unha Mención Especial no concurso “Sensores para todos” promovido por Igaciencia e patrocinado por educaBarrié e pola Domus.

O proxecto, enmárcado nas actividades organizadas ao redor do Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego, estivo titorizado nas súas diferentes fases polo profesorado dos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo.

Os alumnos e alumnas que participan no proxecto son: Christian Capeáns Pérez,Martín Manuel Chaves Fraga, Brais Cuns González, Carlos Manuel García-Novio González, María Gramunt Cernadas, Lois Meira López, María Otero Anguiano, Xulia Sánchez Rodríguez e Daniel Eduardo Vila Mateus. Parabéns para todos eles pola boa aceptación da proposta e a motivación de cara a continuar traballando co hardware, software libre e introdución da programación na aula (Arduino e S4A).