Sensores de caducidade, é posible?

Millóns de toneladas de alimentos desbótanse cada ano por rebasar a súa data de caducidade ou incluso a de consumo preferente.

Uns investigadores da Universidade Tecnolóxica de Eidhoven nos Países Baixos, a Universidade de Catania en Italia, o Laboratorio de Innovación para as Tecnoloxías de Novas Enerxías e Nanomateriais en Francia e a compañía STMicroelectronics, inventaron un circuito que fai posible que o envase dun alimento poida analizar o contido para informar de se é apto e seguro para o seu consumo.

Para combater o desperdicio de alimentos envasados en bo estado, os fabricantes podrían incluír un chip sensor no envase, capaz de medir, por exemplo, o nivel de acidez dos alimentos. A información do sensor podría lerse cun escáner ou cun teléfono móbil. Dita información indicaría o grao de frescura do alimento contido no envase, ou si un alimento conxelado foi desconxelado e logo reconxelado.

En principio, na actualidade esto xa é posible, usando dispositivos estándar baseados en silicio, pero son caros. O equipo de Eugenio Cantatore da Universidade Tecnolóxica de Eindhoven está agora desarrollando dispositivos electrónicos feitos de plástico en lugar de silicio, os cales se poden incluir facilmente nos envases de plástico e resultan máis baratos.

 Non é incrible o moito que está a evolucionar a tecnoloxía? Descúbrese unha maneira para evitar algo tan habitual como tirar un iogur por estar “caducado” sen realmente estalo e poder así aproveitar mellor os alimentos, non é impactante? Ata onde imos chegar? Ten o avance tecnolóxico límites? Polo visto, non nos deixa de sorpender.

 Fonte de información: http://noticiasdelaciencia.com/not/6786/reemplazar_fecha_de_caducidad_por_un_sensor_ultrabarato_que_informe_del_estado_real_del_alimento/

 Post editado por Erica González, de 4º A

1 reflexión sobre “Sensores de caducidade, é posible?

  1. Eu creo que aínda que os avaces científicos no campo da alimentación non teñen límites, nos mesmos deberiamos poñerllos. É sabido que moitos dos compoñente dos que están formados á larga podennos facer dano, un estudo que vin decía que cada español tiña no seu organismo dez compostos tóxicos que nun período de entre 40 e 50 anos faríanos aumentar o risco de sufrir cancro entre un 1% e un 2%, e as cantidades aumentan se os consumidores son neonatos ou mulleres embarazadas.
    Aínda que intentar preservar os alimentos o maior tempo posible está ben, non creo que sea lóxico añadirlle máis compostos tóxicos aos envases para así poder medir con exactitude cando caducou, eu prefiro botar ao lixo un iogurt sen saber se este é apto paa o consumo que á larga aumentar as miñas posibilidades de sufrir cancro ou problemas cardiacos.

Os comentarios están pechados.