Teléfonos móbiles e saúde

Os departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía organizaron para o alumnado de 3º e 4º de ESO a Charla do divulgador científico Xurxo Mariño que leva por título ” Radiación de teléfonos móbiles e saúde”, o martes 9 de Abril a partir das 16:15 horas.

12

O divulgador realizou unha breve introducción sobre as forzas fundamentais do universo, a electromágnética, a gravidade e as forzas nucleares débil e forte, céntrandose nos efectos delas  sobre os seres vivos. Comentou as magnitudes básicas das ondas, frecuencia, lonxitude de onda, potencia, para poder comprender o comportamento das mesmas. Continuou explicando as diferencias entre as radiacións ionizantes ( Raios X, Gamma ) e non ionizantes (móbiles, radio, TV, microondas,…), para seguir informándonos sobre os efectos sobre a saúde, aportando os estudos máis recientes publicados sobre o tema. O coñecemento indica que ata o momento actual non se coñece relación entre efectos perxudiciais para a saúde debida as radiacións de telefonía móbil.

Xurxo Mariño é profesor do departamento de Medicina da Universidade da Coruña e membro do grupo Neurocom.

A actividade forma parte do programa Divulga na escola que organiza a Asociación Galega de Comunicación e Divulgación Científica e Tecnolóxica.

 

 

Para saber máis sobre o tema preme na seguinte ligazón:

Ondas electromagnéticas e saúde, tecnoloxia.org

Modelos 3D de precisión

Alumnado de 4º de ESO das materias de Tecnoloxía, Informática e Plástica e Visual participa na proposta D3MOBILE METROLOGY LEAGUE do grupo da USCAN3D da Universidade de Santiago de Compostela, consistente nun campeonato de modelado 3D de precisión a partir de imaxes tomadas desde o móbil. Na organización do campeonato participan ademáis do grupo citado, o FECYT e o Centro Español de Metroloxía (CEM). Unha vez realizada a 1ª proba, preparámonos para a 2ª nas vindeiras semanas.