Sumotech

Hoxe queremos compartir un videoxogo de Robótica creado por alumnado de Tecnoloxía fai un tempo, que simula a proba de sumo da Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.

O xogo, denominado SUMOTECH, póde descargarse na seguinte ligazón:
SUMOTECH e crearon un site para dar soporte ao proxecto : Hinkb3r.

 

OSHWDem 2016

O pasado 21 de abril celebrouse na Domus da Coruña a 2ª edición do Concurso de Robótica Escolar da OSHWDem. Cinco equipos do IES de Brión de 4º de ESO ( Tecnoloxía e Ed. Plástica e Visual) e 1º de Bacharelato (Debuxo Técnico I e Tecnoloxía) participaron no evento, catro deles na categoría renacuajo e un na categoría libre.

Os tres renacuajos máis rápidos participaron na final, clasificándose así para a Liga Nacional de Robótica de competición, na categoría estudantes, acadando os 2º posto ( Brión 5), 3º posto (Brión 3) e 4º posto (Brión 6). Os equipos Brión 1 e Brión 4 quedan clasificados nos postos 6 e 9 respectivamente.

Axustes de última hora, optimización da programación, modelado e impresión en 3D de rodas e estruturas foron as principais innovacións nas que o alumnado estivo traballando para lograr mellorar considerablemente os tempos acadados polos robots na anterior edición da Oshwdem 2015.

 

 

Excelente participación na I Competición de robots

O pasado 24 de abril tivo lugar na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo a I Competición de robots na que participaron tres grupos do IES de Brión de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

O alumnado de 1º de Bacharelato sorprendeu coa xoaniña que se emitiu no telexornal. Ver no vídeo a partir do minuto 16:27.

A competición desenvolveuse en dúas roldas e en cada una delas tiña lugar a proba seguelíneas e unha persecución en pista.
Os grupos de 4ºde ESO do IES de Brión, quedaron primeiros e segundos na 1º rolda eliminatoria,onde competían un total de 10 equipos por tapiz, pasando así á final onde quedaban os 10 mellores equipos dun total de 54 da categoría.


Na final de 4º de ESO acadamos uns excelentes 6º e 7º postos.
Parabéns para todo o alumnado que participou no proxecto

Podedes ver o vídeo resumo do evento publicado na TV da Universidade de Vigo:

http://tv.uvigo.es/es/video/mm/26009.html

A I Competición de robots da EEI na prensa:

Faro de Vigo: Los robots invaden en campus

Atlántico: 500 alumnos de secundaria crean 110 robots en el campus

Diario da Universidade de Vigo: Rebulir robótico na Escola de Enxeñería Industrial