II Competición de robots da EEI

Excelentes resultados do alumnado de Brión na “II Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo”, un certame que nesta edición contou coa participación de 157 equipos de toda Galicia e cerca de 900 alumnos e alumnas.

O alumnado de Tecnoloxía Industrial I, Debuxo Técnico I de 1º de Bacharelato e Tecnoloxía e Ed. Plástica e Visual de 4º de ESO participaron na competición programando e modificando os robots básicos.

O robot “Brión 5” acadou a terceira posición na categoría WALL-E Bacharelato, conseguindo o mellor tempo na proba de rastreo.
“Brión 1”, “Brión 3”, “Brión 4” e “Brión 6” acadaron moi bos resultados nos seus respectivos tapices, destacando especialmente na proba de rastreo.

Parabéns a todo o alumnado.

Prensa:

GCiencia: Invasión de robots na Universidade de Vigo

UVigo: Invasión autómata na Escola de Enxeñería Industrial

Faro de Vigo: Lucha de robots sobre tatami

YouTube: Combate de robots na Universidade de Vigo

Código cero: A II Competición de robots da uvigo dobra a cifra de asistencia respecto da anterior.

Excelente participación na I Competición de robots

O pasado 24 de abril tivo lugar na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo a I Competición de robots na que participaron tres grupos do IES de Brión de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

O alumnado de 1º de Bacharelato sorprendeu coa xoaniña que se emitiu no telexornal. Ver no vídeo a partir do minuto 16:27.

A competición desenvolveuse en dúas roldas e en cada una delas tiña lugar a proba seguelíneas e unha persecución en pista.
Os grupos de 4ºde ESO do IES de Brión, quedaron primeiros e segundos na 1º rolda eliminatoria,onde competían un total de 10 equipos por tapiz, pasando así á final onde quedaban os 10 mellores equipos dun total de 54 da categoría.


Na final de 4º de ESO acadamos uns excelentes 6º e 7º postos.
Parabéns para todo o alumnado que participou no proxecto

Podedes ver o vídeo resumo do evento publicado na TV da Universidade de Vigo:

http://tv.uvigo.es/es/video/mm/26009.html

A I Competición de robots da EEI na prensa:

Faro de Vigo: Los robots invaden en campus

Atlántico: 500 alumnos de secundaria crean 110 robots en el campus

Diario da Universidade de Vigo: Rebulir robótico na Escola de Enxeñería Industrial

Competición de robots

O venres 24 de abril tres grupos de alumnos/as de Tecnoloxía, Informática de 4º de ESO e TIC de 1º de Bacharelato participarán na I Competición de robots organizada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de  Vigo.

Na competición participan un total de 100 equipos de toda Galicia

Os participantes están pensando, organizando, programando, experimentando e buscando solucións aos problemas nestas últimas sesións.

Moita sorte!!