Despois dun traballo previo de investigación sobre Centros de Investigación en Galicia realizado polo alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial, o pasado 19 de marzo, desde o departamento organizamos unha Visita ao CITIUS Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información e ao CIQUS Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares. Durante a visita o alumnado realizou fotos e vídeos e á volta grabaron algunha das explicacións máis relevantes coa súa voz, en colaboración con Radio emBrión do Centro. Finalmente o material foi editado pola alumna Erica González, obtendo o seguinte resultado: