CITIUS, O FOGAR DOS AVANCES TECNOLÓXICOS

CITIUS é o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información, situado no Campus Vida da USC na cidade de Santiago de Compostela.
Algúns proxectos nos que se traballa no CITIUS son fusión de datos de sensores mediante SOS,  unha ferramenta que facilita o desenvolvemento de servizos de publicación de observacións de sensores e permite a integración de distintas fontes de datos de observación dentro dun único servizo ou Govocitos que é un software para a estimación da fecundidade en peixes analizando imaxes histolóxicas das súas gónadas.
CITIUS traballa con empresas de ámbito tecnolóxico como por exemplo IBM, Tecnocom ou Ingeteam entre outras moitas.
O centro consta de máis ou menos 200 traballadores entre persoal adscrito, investigadores postdoctorales, investigadores en formación e persoal de apoio.
Como unha infraestructura relevante podo destacar o laboratorio de contidos dixitales: Tratase de un laboratorio para a experimentación entre persoa e computadora mediante unha animación 3D  e en prototipos de entornos de realidade virtual aumentada. Este laboratorio consta dunha pantalla no chan que capta todos os movimentos. Tamén contén varios dispositivos de interacción de  equipos de altas prestacións de videoxogos e interfaces de realidades aumentada.

Entre as novidades do centro chamoume a atención que van a participar no proxecto de Planing for Energy Efficient Cities, un proxecto para acadar a concepción de cidade intelixente, enerxeticamente eficiente e sostible.

Fonte de información: https://citius.usc.es/