O Instituto Tecnolóxico de Galicia ITG ten como obxetivo mellorar a capacidade competitiva das empresas, organizacións e profesionais a través da investigación e presentación de servizos profesionais no ámbito da sustentabilidade, a eficiencia enerxética e as novas tecnoloxías. Este atópase situado na calle Breogán , A Coruña ,Galicia. Localización.
O instituto tecnolóxico galego ten unha acreditada experiencia en I+D avalada pola participación en proxectos de ámbito rexional, estatal, e europeo. Dita actividade está recoñecida e permítelles estar presentes nas principais plataformas tecnolóxicas e redes de innovación. Destacan en I+D de comunicaciones inalámbricas, a eficiencia enerxética, tecnoloxías da construcción e enxeñería de software.
Oferta entre outras cousas :
- Xestión integral da I+D: axúdanche a iniciar consolidar ou impulsar a I+D na túa organización.
- Eficiencia enerxética: asesoran aos clientes para obter o menor prezo posible na súa factura.
- Certificado de construcción Breeam: xestiona en España o certificado de sustantibilidade do edificio Breeam.
- Formación: ten a nosa disposición cursos de formación de asesores Breeam.
Co itg colaboran empresas moi diversas pero principalmente:
- Applus+ é a primeira multinacional española do sector da certificación, referente global tecnolóxico para a avaliación da conformidade e referente específico no ámbito da inxeñería de productos e procesos.
- BEGANO é unha das sete sociedades embotelladoras independientes en Españados productos que levan as marcas da compañía Coca-Cola.
Das últimas novas de prensa que estiven lendo unha chamoume a atención , que é: Itg presenta os resultados de MISCOM, marketing inteligente en superficies comerciales. Pois nela móstrase como os grandes comercios nos enganan situando as cousas de primeira necesidade contra o final do comercio e polo tanto que de camiño vexamos cousas e piquemos en mercalas.
Probablemente a actividade que máis me chama a atención é a de investigación I+D xa que a súa experiencia levao neste campo ate ser un dos punteiros de Galicia e incluso de Europa.