BrionXbot

O proxecto Brionxbot resultou gañador do 1º premIo do Desafío Programación da categoría senior no Premio de innovación educativa “Desafíos STEM: Programación, robótica e impresión 3D convocado pola Consellería de Cultura, Educacion e O. U. Accede á nova na web do centro.

Este proxecto resultou gañador do 1º premio no concurso “Sensores 2018″ que convoca Igaciencia e que conta co patrocinio do Concello da Coruña. Accede á nova na web do centro.

Este proxecto foi presentado publicamente na Maker Faire Galicia 2018. Accede á nova na web do centro.

brion_x_bot_final_baixaProxecto interdisciplinar dos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo realizado no curso 2017/18.

BrionXbot é un robot de seis patas distribuídas en dous trens situados nos costados dun corpo central ou chasis. Cada tren está formado por tres patas articuladas montadas sobre un cegoñal e ancoradas nun eixe fixo. A rotación do motor move estes mecanismos de tal xeito que os extremos das patas describen unha traxectoria cíclica de avance. Está dotado de diversos sensores que nos permiten recoller datos sobre distancias, temperatura, humidade e luminosidade. O Bluetooth e a pantalla LCD permiten ler e graficar os datos obtidos a través dun smartphone ou directamente no robot. Tamén é posible controlar os movementos do robot de modo remoto dende un teléfono móbil vía Bluetooth.

Accede á memoria do proxecto.

Descarga o vídeo do proxecto.

II Competición de robots da EEI

Excelentes resultados do alumnado de Brión na “II Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo”, un certame que nesta edición contou coa participación de 157 equipos de toda Galicia e cerca de 900 alumnos e alumnas.

O alumnado de Tecnoloxía Industrial I, Debuxo Técnico I de 1º de Bacharelato e Tecnoloxía e Ed. Plástica e Visual de 4º de ESO participaron na competición programando e modificando os robots básicos.

O robot “Brión 5” acadou a terceira posición na categoría WALL-E Bacharelato, conseguindo o mellor tempo na proba de rastreo.
“Brión 1”, “Brión 3”, “Brión 4” e “Brión 6” acadaron moi bos resultados nos seus respectivos tapices, destacando especialmente na proba de rastreo.

Parabéns a todo o alumnado.

Prensa:

GCiencia: Invasión de robots na Universidade de Vigo

UVigo: Invasión autómata na Escola de Enxeñería Industrial

Faro de Vigo: Lucha de robots sobre tatami

YouTube: Combate de robots na Universidade de Vigo

Código cero: A II Competición de robots da uvigo dobra a cifra de asistencia respecto da anterior.

Competición de robots

O venres 24 de abril tres grupos de alumnos/as de Tecnoloxía, Informática de 4º de ESO e TIC de 1º de Bacharelato participarán na I Competición de robots organizada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de  Vigo.

Na competición participan un total de 100 equipos de toda Galicia

Os participantes están pensando, organizando, programando, experimentando e buscando solucións aos problemas nestas últimas sesións.

Moita sorte!!