Expresión e comunicación gráfica

En 2º de ESO  comezamos coa unidade de Expresión e Comunicación Gráfica. Deixo algunhas ligazóns para o traballo ao longo da unidade:

Elaboración de planos
Unidade didáctica con actividades en liña creada pola profesora Teresa Mancebo, para repasar os contidos da unidade:

Vistas dun obxecto paso a paso
Aprende a debuxar as vistas dun obxecto a partir de 6 pezas simples, na web aulataller.es

Vistas
Exercicios de obtención de vistas da web educacionplastica.net de Fernando Ortiz de Lejarazu. Os exercicios presentan dous niveis: elemental e medio.

 Debuxando en perspectiva cabaleira paso a paso
Aprende a debuxar en perspectiva cabaleira paso a paso, na web aulataller.es

Pezas en perspectiva
Visualización e modelado de pezas en 3D da web educacion plastica.net  de Fernando Ortiz de Laharaezu con 3 niveis 0, 1 e 2.

 

 

Tecnoloxías da comunicación

O Bloque de Tecnoloxías da comunicación. Internet, podes traballalo empregando os seguintes recursos da rede:
Internet: Actividades interactivas creadas pola profesora Teresa Mancebo
O proxecto “Actividades Abalar para Tecnoloxía” de Jesús Arribi, presenta no espazo abalar as seguintes propostas para traballar a unidade de Internet:
Aprendendo a traballar pola rede:

Búsqueda de información en Internet:

Funcionamento e servizos de Internet:
Web social. Web 2.0: Unidade didáctica para comprender o concepto de Web social (Web 2.0), entender a importancia da privacidade e coñecer as principais aplicacións da Web Social existentes.

As cúpulas de refugallo


O 4 de novembro celébrase o IV Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego adicado este ano á relación arte-ciencia e nomeadamente ás figuras de Isaac Díaz Pardo, R. Buckminster Fuller e Florence Nightingale. Desde o IES de Brión propoñemos ao alumnado de 2º de ESO a construción dunha cúpula xeodésica en homenaxe a Fuller  construída con materiais de refugallo.

As cúpulas xeodésicas son unhas estruturas arquitectónicas ideadas por R. Buckminster Fuller. Están formadas por diferentes módulos triangulares. Permiten cubrir grandes vanos con elementos lixeiros. A súa principal característica é a resistencia.

O modelo a seguir para a construción dámolo nas seguintes imaxes e a única condición en materiais é que sexa reutilizado. Algunhas propostas son tetrabik, restos de papel, cartón ou cartulina, plásticos lixeiros, madeira lixeira ou calquera outro resto de material en desuso. A combinación de materiais tamén pode ser unha proposta moi acertada. Pensa nos materiais e constrúe…. Os resultados verémolos nunha exposición a próxima semana.

Cúpula_1cúpula_2

Para máis información sobre Buckminster Fuller, podes ver o seguinte vídeo.

Aquí pódense ver algunhas mostras das cúpulas de refugallo:

Tecnoloxías da información

Para practicar os contidos do Bloque de Tecnoloxías da información propoñemos as seguintes ligazóns:

O ordenador e os periféricos, actividades autoavaliables sobre o hardware do ordenador creados por Nino González-Haba Gil :

Manexo básico de Linux.

Edición básica de textos Writer:

No seguite Laboratorio coñeceremos a folla de cálculo:

Seguridade e Hixiene no uso das TICś

 

Proxectos con papel e derivados en 2º de ESO

Papel, cartulina, cartón,…. e algúns útiles e ferramentas de traballo serviron para que o alumando de 2º de ESO  empregara o método de proxectos para resolver diversos problemas do taller. O método de resolución de problemas, a representación gráfica (escalas, medidas, vistas,.., ferramentas e útiles de traballo, materiais, foron bloques temáticos traballados nestes proxectos.

Na 2ª avaliación a proposta consistiu e construir caixas de cartón con dous compartimentos e apilables entre elas que serviran para organizar pequenos útiles do taller. O deseño foi unha modificación do proxecto Ponderabilia. Instrumenta, dos deseñadores Ryszard Rychlicki e Agnieszka Nowak (2RAM) e algúns dos resultados das caixas preséntanse a continuación:

Na 3ª avaliación, o problema a resolver foi dotar a aula de “estores” que permitiran regular a luz na aula. A proposta realizada ao alumnado foi deseñar paneis con material de baixo custo nos cales empregaramos a técnica de estampado para realizar cenefas con formas dalgunha das ferramentas estudadas. Algunha fase do proceso e o resultado pódense ver nas seguintes imaxes:

paneis