Figuras

Na unidade de Expresión e Comunicación Gráfica o alumnado de 2º de ESO, deseñou figuras partindo das vistas e perspectiva, empregando a aplicación de xeometría dinámica geogebra.

Exemplo de deseños de figuras:

ex_1figura_manuelvazquezrosaliasambade_2A

 

 

 

 

 

 

 

 

A partir dos deseños iniciais, por parellas acordaron que figura ían construir e realizaron o desenvolvemento das mesmas en papel.

Exemplo dun desenvolvemento:

Ex_2_desenvolvemento

Desenvolvemento

Posteriormente pasamos á construción das figuras en 3 dimensións. As figuras construídas pódense ver na seguinte galería:

Desenvolvementos planos

Na seguinte páxina de Paulo Porta, podes atopar desenvolvementos planos de Poliedros, que poden servir de axuda para  a construción do desenvolvemento da figura que está creando o alumnado de 2º de ESO.

Na páxina de Matemáticas visuales tamén podes obter o desenvolvemento de figuras variadas:

Construción de figuras en 3 D

Policubos

Policubos, é un xogo interactivo no que se propón a formación de 20 figuras a partir de cubos en 3 dimensións. A proposta ven do blog didactmaticprimaria.com  do mestre Juan García Moreno

Voxels

Interesante proxecto, da web Mr.doob que che permitirá crear en 3 dimensións figuras propias.

Expresión e comunicación gráfica

En 2º de ESO  comezamos coa unidade de Expresión e Comunicación Gráfica. Deixo algunhas ligazóns para o traballo ao longo da unidade:

Elaboración de planos
Unidade didáctica con actividades en liña creada pola profesora Teresa Mancebo, para repasar os contidos da unidade:

Vistas dun obxecto paso a paso
Aprende a debuxar as vistas dun obxecto a partir de 6 pezas simples, na web aulataller.es

Vistas
Exercicios de obtención de vistas da web educacionplastica.net de Fernando Ortiz de Lejarazu. Os exercicios presentan dous niveis: elemental e medio.

 Debuxando en perspectiva cabaleira paso a paso
Aprende a debuxar en perspectiva cabaleira paso a paso, na web aulataller.es

Pezas en perspectiva
Visualización e modelado de pezas en 3D da web educacion plastica.net  de Fernando Ortiz de Laharaezu con 3 niveis 0, 1 e 2.