As cúpulas de refugallo


O 4 de novembro celébrase o IV Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego adicado este ano á relación arte-ciencia e nomeadamente ás figuras de Isaac Díaz Pardo, R. Buckminster Fuller e Florence Nightingale. Desde o IES de Brión propoñemos ao alumnado de 2º de ESO a construción dunha cúpula xeodésica en homenaxe a Fuller  construída con materiais de refugallo.

As cúpulas xeodésicas son unhas estruturas arquitectónicas ideadas por R. Buckminster Fuller. Están formadas por diferentes módulos triangulares. Permiten cubrir grandes vanos con elementos lixeiros. A súa principal característica é a resistencia.

O modelo a seguir para a construción dámolo nas seguintes imaxes e a única condición en materiais é que sexa reutilizado. Algunhas propostas son tetrabik, restos de papel, cartón ou cartulina, plásticos lixeiros, madeira lixeira ou calquera outro resto de material en desuso. A combinación de materiais tamén pode ser unha proposta moi acertada. Pensa nos materiais e constrúe…. Os resultados verémolos nunha exposición a próxima semana.

Cúpula_1cúpula_2

Para máis información sobre Buckminster Fuller, podes ver o seguinte vídeo.

Aquí pódense ver algunhas mostras das cúpulas de refugallo:

Fuller e as primeiras vivendas bioclimáticas

Proposta do Día da Ciencia en Galego, para alumnado de 4º de ESO.

Algunha documentación de consulta:

 

Fuller entende a vivenda como “ máquina para vivir” eun sistema para satisfacer as necesidades humanas de protección contra os elementos, privacidade e hixiene”.

  1. Cita ordenados cronoloxicamente e indica o ano de creación dos deseños de vivendas de Fuller
  2. Desde o punto de vista estrutural, que aspectos teñen en común os deseños de vivendas de Fuller?
  3. Que innovacións aportan a nivel de materiais? Algunha permanece na actualidade?
  4. Que aportacións teñen estes deseños desde o punto de vista enerxético?
  5. Investiga e aporta documentación sobre algúnha construción que se asemelle ás creadas por Fuller que exista na actualidade.
  6. Consulta información sobre arquitectura sustentable e bioclimática e comenta a relación dos deseños de Fuller con este tipo de arquitectura.

Sargadelos, historia dun proxecto industrial en Galicia

O día 4 de novembro celébrase o IV Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego.

Desde o departamento estamos propoñendo actividades que para o alumnado de Tecnoloxía Industrial I de 1º de Bacharelato consiste en ler a seguinte documentación para responder a modo de comentario ás seguintes cuestións, así como plantexar posibles inquedanzas sobre o tema, publicando aquelas  máis interesantes.

Suxestións de documentación de consulta:

Sargadelos.com

Captura de pantalla de 2013-10-23 12:40:51

Asociación Buxa- Asociación Galega do Patrimonio Industrial

Captura de pantalla de 2013-10-23 12:42:01

 

  1. Explica porque se di no texto que o forno se configura como a ferramenta básica que controla o lume e na que se xera a calor necesaria para que teñan lugar as transformacións da materia. Pon exemplos.

  2. Por que crees que Antonio Raimundo Ibáñez Gastón, crea en Sargadelos a factoría de fundición de ferro? ¿Que se produce na factoría incialmente?

  3. Donde e cando se localizaron os primeiros fornos cerámicos en Galicia? Con que obxectivo?

  4. No 1804 creáse a fábrica de louza de Sargadelos, que motivos crees que levaron a dita creación. Por que se pecha no 1875?

  5. No 1970 inaugúrase a nova fábrica de Sargadelos. Que factores foron claves na creación de dito proxecto.

  6. Que aporta Sargadelos en Deseño, Tecnoloxía e Materiais?

  7. A que industrias fai referencia Isaac Díaz Pardo no vídeo presentado? Compartes a súa opinión sobre a problemática da industria e aproveitamento de recursos en Galicia?

  8. Plantexa unha cuestión aos teus compañeiros sobre o tema tratado que che resulte interesante