As cúpulas de refugallo


O 4 de novembro celébrase o IV Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego adicado este ano á relación arte-ciencia e nomeadamente ás figuras de Isaac Díaz Pardo, R. Buckminster Fuller e Florence Nightingale. Desde o IES de Brión propoñemos ao alumnado de 2º de ESO a construción dunha cúpula xeodésica en homenaxe a Fuller  construída con materiais de refugallo.

As cúpulas xeodésicas son unhas estruturas arquitectónicas ideadas por R. Buckminster Fuller. Están formadas por diferentes módulos triangulares. Permiten cubrir grandes vanos con elementos lixeiros. A súa principal característica é a resistencia.

O modelo a seguir para a construción dámolo nas seguintes imaxes e a única condición en materiais é que sexa reutilizado. Algunhas propostas son tetrabik, restos de papel, cartón ou cartulina, plásticos lixeiros, madeira lixeira ou calquera outro resto de material en desuso. A combinación de materiais tamén pode ser unha proposta moi acertada. Pensa nos materiais e constrúe…. Os resultados verémolos nunha exposición a próxima semana.

Cúpula_1cúpula_2

Para máis información sobre Buckminster Fuller, podes ver o seguinte vídeo.

Aquí pódense ver algunhas mostras das cúpulas de refugallo: