Sargadelos, historia dun proxecto industrial en Galicia

O día 4 de novembro celébrase o IV Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego.

Desde o departamento estamos propoñendo actividades que para o alumnado de Tecnoloxía Industrial I de 1º de Bacharelato consiste en ler a seguinte documentación para responder a modo de comentario ás seguintes cuestións, así como plantexar posibles inquedanzas sobre o tema, publicando aquelas  máis interesantes.

Suxestións de documentación de consulta:

Sargadelos.com

Captura de pantalla de 2013-10-23 12:40:51

Asociación Buxa- Asociación Galega do Patrimonio Industrial

Captura de pantalla de 2013-10-23 12:42:01

 

  1. Explica porque se di no texto que o forno se configura como a ferramenta básica que controla o lume e na que se xera a calor necesaria para que teñan lugar as transformacións da materia. Pon exemplos.

  2. Por que crees que Antonio Raimundo Ibáñez Gastón, crea en Sargadelos a factoría de fundición de ferro? ¿Que se produce na factoría incialmente?

  3. Donde e cando se localizaron os primeiros fornos cerámicos en Galicia? Con que obxectivo?

  4. No 1804 creáse a fábrica de louza de Sargadelos, que motivos crees que levaron a dita creación. Por que se pecha no 1875?

  5. No 1970 inaugúrase a nova fábrica de Sargadelos. Que factores foron claves na creación de dito proxecto.

  6. Que aporta Sargadelos en Deseño, Tecnoloxía e Materiais?

  7. A que industrias fai referencia Isaac Díaz Pardo no vídeo presentado? Compartes a súa opinión sobre a problemática da industria e aproveitamento de recursos en Galicia?

  8. Plantexa unha cuestión aos teus compañeiros sobre o tema tratado que che resulte interesante

15 reflexións sobre “Sargadelos, historia dun proxecto industrial en Galicia

  1. 4. No 1804 creáse a fábrica de louza de Sargadelos, que motivos crees que levaron a dita creación.
    Porque lle permitia a Raimundo Antonio desenvolver o seu gusto refinado polas artes plasticas ademais de aproveitar o cesamento das importacions de louzas “Bristol” Iglesias.

    8.Plantexa unha cuestión aos teus compañeiros sobre o tema tratado que che resulte interesante
    Como podemos recuperar o control das industrias ao que fai referencia Diaz Pardo no video?

  2. 1. Pon exemplos nos que o forno se configura como a ferramenta básica que controla o lume e na que se xera a calor necesaria para que teñan lugar as transformacións da materia. .
    Estas transformacións estan presentes por exemplo nos vidros que se conseguen mediante a queima de area, en todos os materiais metalúrxicos producidos mediante a fusión de dous ou mais metais distintos, etc.

    2. Por que crees que Antonio Raimundo Ibáñez Gastón, crea en Sargadelos a factoría de fundición de ferro? Crea esta industrida debido as ideas emprendedoras que el tiña e gracias ao investimento adecuado dos capitais e a protección de Godoy logra fundar esta industria siderúrxica.

    4.No 1804 creáse a fábrica de louza de Sargadelos, que motivos crees que levaron a dita creación. Aproveitáronse os exelentes xacementos de caolín que se encontraban cerca do emprazamento donde se construíu a ceramica de Sargadelos.

    8. Creedes que cando estes xacementos próximos a fábrica de Sagradelos se esgoten, a fábrica deixara de funcionar?

    • Eu penso que iso é algo obvio pois xa hoxe en día se importan materiais de fora. Polo que cando quedemos sen materiais, non nos vai quedar outra que tirar da importanción. Así que a miña conclusión é que non vai deixar de funcionar se non que vai a funcionar grazas a xacementos de outro lugares.

    • Si. Xa que si non quedan máis recursos, o que habería que facer sería ir explotar unha zona estranxeira, e eso e o que Isaac Diaz Pardo quere evitar.

  3. 1. Explica porque se di no texto que o forno se configura como a ferramenta básica que controla o lume e na que se xera a calor necesaria para que teñan lugar as transformacións da materia. Pon exemplos.
    Os fornos permitemnos aplicarlle a temperatura que queiramos para un caso específico e así poder desde cocer o pan hasta fundir aceiro e ferro. Permite pasar do ferro sólido a un líquido para que poda ser maleable e facer diferentes ferramentas o noso gusto.

    4. No 1804 creáse a fábrica de louza de Sargadelos, que motivos crees que levaron a dita creación
    Levou a cabo o proceso de creación para explotar o seu gusto polas artes plásticas e para evitar unha importación masiva de productos ingleses.
    No 1875 o deterioro das instalacións de Sargadelos coa axuda da marcha de moitos empregados extranxeiros e a non adaptación aos novos procesos acabaron coa industria e rematou por cerrar.

    8. Plantexa unha cuestión aos teus compañeiros sobre o tema tratado que che resulte interesante

    Creedes que podremos ser máis autónomos os galegos na creación de materiais nas nosas industrias e así non depender tanto do que nos traen de fora?

    • Actualmente utilízan as nosas riquezas para comercializalas noutros mercados onde sacan maiores beneficios, pero.. porque nós?; porque lles sae máis barato e máis cómodo e con leis menos restrictivas que noutros países e, polo tanto o que producimos non se queda na nosa terra, senón que vai ser exportado posteriormente.Se se fixeran máis restrictivas as leis contra isto podemos evitar esta manipulación e producir para nós e o noso beneficio, non para as multinacionais extranseiras que non lles importa explotar ás xentes.

  4. 4- No 1804 creáse a fábrica de louza de Sargadelos, que motivos crees que levaron a dita creación.
    Para aproveitar os bos xacementos de caolín existentes ó redor que, terá máis importancia que a fundición.

    5- No 1970 inaugúrase a nova fábrica de Sargadelos. Que factores foron claves na creación de dito proxecto.
    O esplendor que chegou a ter da man de Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo, que co Laboratorio de Formas de Galiza, a Cerámica do Castro e a Fábrica de Porcelanas a Magdalena consituén a renovación de Sargadelos.

    7- A que industrias fai referencia Isaac Díaz Pardo no vídeo presentado? Compartes a súa opinión sobre a problemática da industria e aproveitamento de recursos en Galicia?
    A industria do automobil, do aluminio, a industria da enerxía e a industria naval.Comparto a sua opinión,posto que a maioría das empresaas son mulitinacionais e moitas delas explotan os nosos recursos para o mercado exterior, e os beneficios que xeneran estas multinacionais non se quedan na nosa terra.

  5. 2. Por que crees que Antonio Raimundo Ibáñez Gastón, crea en Sargadelos a factoría de fundición de ferro?
    Penso que creou a fábrica para abastecer ao rei Carlos IV con armas.

    8. Plantexa unha cuestión aos teus compañeiros sobre o tema tratado que che resulte interesante
    Pensades que se lle sacou todo o aproveitamento que se debería á industria galega?

    • Na miña opinión Galiza dispón de moitas riquezas explotables e polo tanto deberíamos aproveitar máis os benefícios que podenos sacar do nosos propios recursos. Deste xeito tamén adquiririamos mais autonomía.

  6. 3. Donde e cando se localizaron os primeiros fornos cerámicos en Galicia? Con que obxectivo?
    Tense localizado fornos redondos de cocción de tella a finais do século III en Lugo, Boimorto e Vigo.
    Nos fornos ao introducir as pezas a cocer permitia o control da temperatura.

    5. No 1970 inaugúrase a nova fábrica de Sargadelos. Que factores foron claves na creación de dito proxecto.
    Os factores que levaron a cabo a nova fábrica de sargadelos foi o renacer da memoria de Galiza.

    6.Que aporta Sargadelos en Deseño, Tecnoloxía e Materiais?
    Deseño das instalacións: Vai estruturarse en grandes unidades independentes, que van desenvolvéndose, primeiro na fundición, coa fábrica de potes e a fábrica de ferro dúctil, e despois coa fábrica de louza.
    Tecnoloxía: Posibilidade dun aproveitamento hidráulico suficiente para o accionamento dos artificios mecánicos da industria.
    Materias: Mineral de ferro, carbón de leña e calcaria, para a fundición; e arxilas (caolín), para a cerámica.

  7. 2. ¿Que se produce na factoría de Sargadelos inicialmente?
    Producese en Sargadelos municións de guerra e outros materiais por un período de vinte anos.

    4.Por que se pecha no 1875 a fábrica de louza de Sargadelos?
    A falta de adaptación da fundición dos novos procesos, o deterioro das instalacións da fábrica de louza, e a marcha do persoal estranxeiro, principiaron a ruína do complexo industrial de Sargadelos.

    5.No 1970 inaugúrase a nova fábrica de Sargadelos. Que factores foron claves na creación de dito proxecto?
    Os factores claves que levaron a cabo a nova fábrica de Sargadelos forón renacer a memoria historica de Galiza que dalgunha maneira estaba esquecida e o outro factor foi volver a produción de cerámicas feitas coas terras do norde Lugués. Isto levouse a cabo grazas a Isaac Diaz pardo, Luis Seoane e outros.

  8. 3- Donde e cando se localizaron os primeiros fornos cerámicos en Galicia? Con que obxectivo?
    En Lugo, Boimorto e Vigo foron o lugar dos primeiros fornos ceramicos en Galicia a finai do seculo III d.C. con fins constructivos (para a creacion e coccion de tella)

    4-No 1804 creáse a fábrica de louza de Sargadelos, que motivos crees que levaron a dita creación?
    Pola proximidade de materiais necesarios para a producción ceramica preto de Sargadelos e a competencia coa cerámica Inglesa.

    8-Coidas que sería doado abrir industrias de este tipo en Brion? Cales crees ti que serian os puntos a favor e en contra?

    • Na miña opinión abrir unha industria deste tipo en Brión sería, canto menos, unha tarefa realmente complicada. Brión non é un lugar moi amplo e é unha zona que en relación coa súa extensión está bastante poboada. Por estas razóns, considero que habería moitos factores en contra á hora de aprobar unha proposta así. Un dos principais problemas que supón a apertura dunha industria é a contaminación, e non creo que os habitantes dunha aldea relativamente pequena estiveran a favor da apertura. Por outra banda, ben é certo que o producir industrialmente aquí, suporía un enriquecemento económico. Pero persoalmente creo que Brión non é o mellor lugar para abrir unha industria deste tipo.

  9. 1. Explica por que se di no texto que o forno se configura como a ferramenta básica que controla o lume e na que se xera a calor necesaria para que teñan lugar as transformacións da materia. Pon exemplos.
    A calor está presente na base de numerosos procesos de transformación da materia, dende a preparación dos alimentos ata a fabricación dos máis sofisticados materiais cerámicos, e o lume é unha boa fonte desta calor. O forno considérase ferramenta básica que pode controlar este lume, e polo tanto, darlle resposta ás diferentes necesidades de transformación da materia, dende os fornos para coce-lo pan ata os fornos de fusión e tratamento de materiais, pasando por suposto polos fornos de calcinación de minerais siderúrxicos e polos fornos de elaboración da cal.

    6. Que aporta Sargadelos en Deseño, Tecnoloxía e Materiais?
    O complexo ven definido pola optimización dos espazos e os recursos. O deseño vai estruturarse en grandes unidades independentes, que van desenvolvéndose, primeiro na fundición, coa fábrica de potes e a fábrica de ferro dúctil, e despois coa fábrica de louza. O emprazamento ten que ter acceso doado ás materias primas: mineral de ferro, carbón de leña e calcaria, para a fundición; e arxilas (caolín), para a cerámica. Ademais ten que ter a posibilidade dun aproveitamento hidráulico suficiente para o accionamento dos artificios mecánicos da industria. O lugar elixido, próximo á aldea de Sargadelos, vai ser o amplo espazo existente na ribeira dereita do río Xunco tralo seu paso por unha angostura que vai facilitar a construción dunha presa e o seu estanque.

    7. A que industrias fai referencia Isaac Díaz Pardo no vídeo presentado? Compartes a súa opinión sobre a problemática da industria e aproveitamento de recursos en Galicia?
    Isaac Díaz Pardo fai referencia ás presas, á industria dos automóbiles, á industria do aluminio e á industria dos barcos.
    Persoalmente comparto a súa opinión sobre a problemática da industria e aproveitamento de recursos de Galicia. Ben é certo que pola nosa situación xeográfica e outros factores, somos un lugar ao que se lle pode sacar moito rendemento, pero aínda así, paréceme que a explotación do territorio galego e dos seus recursos é esaxerada, tendo en conta que producimos nós sós o 22% da enerxía que se emprega en toda España.

    8. Plantexa unha cuestión aos teus compañeiros sobre o tema tratado que che resulte interesante.
    Por que Isaac Díaz Pardo e os seus compañeiros decidiron que a renovación de Sargadelos era unha boa maneira de reconstruír a historia galega?

    • Para de algun xeito competir coa cerámica extranxeira, darlle un símbolo de identidade á zona e propulsar a industria galega e local.

Os comentarios están pechados.