Taller de estruturas

O pasado 1O de febreiro disfrutamos na aula de Tecnoloxía do taller de estruturas impartido polos membros do proxecto “Camiños de futuro”.

No taller participou todo o alumnado de 2º de ESO, experimentando o comportamento de estruturas e elementos construidos do seu  entorno, relacionándoas con conceptos básicos ( forza, velocidade, desprazamento) e introducindo outros novos (como tensión, vibración, deformación) que se enlazaron con elementos da vida diaria como sismo, deseño, proxecto, edificios e pontes.

Edificios de cartón

¿É posible empregar cartón na estructura dun edificio? O Premio Prizker de Arquitectura amósanos a resposta.

En 2º de ESO estamos introducindo a unidade de estruturas e falamos do Premio Pritzker 2014 de Arquitectura (algo semellante ao Nobel en Arquitectura),  concedido a Shigeru Ban na última semana e dalgunhas das súas construccións nas que emprega o cartón. Ante o interese que despertou a nova na aula, deixo algunha imaxe e ligazón de interese que continuaremos traballando.

O Pabellón de papel da IE Business School de Madrid é un deseño estructural sostible e temporal formado por  unha estrutura de 173 tubos de papel unidos por xuntas de madeira que descansan sobre columnas de papel.

FG + SG

O arquitecto Shigeru Ban caracterízase polo deseño e construción de obras de carácter liviano e temporal con materiais económicos, accesibles, a veces reciclados  e de carácter liviano. Outra característica fundamental é contribuir a situacións de catástrofes ideando infraestructuras fáciles de construir, transportar e de baixo custo, segundo a Plataforma de arquitectura.

A imaxe amosa as vivendas de emerxencia, con tubos de cartón sobre caixas de cerveza, levantadas por Shigeru Ban en Kobe (Japón) tras o terremoto de 1995.

GTRES / Takanobu Sakuma

Catedral de cartón na cidade de Christchurch en Nueva Zelanda, construída como edificio transitorio para o normal funcionamento da igrexa, despois do terremoto que sufriu a cidade no 2011.

© Shigeru Ban

Podes ver a nova do premio Pritzker  publicada o pasado 24 de marzo en  El PaísEl mundo, ou tve no seguinte vídeo:

Na fotogalería de El País, podes ver algúns proxectos de Shigeru Ban.

Podemos atopar algunhas similitudes entre os proxectos de Shigeru Ban e Buckminster Fuller (figura sobre a que traballamos a principio de curso no día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego)?

As estruturas

Nestos días comezamos en 2º da ESO a traballar unha nova unidade didáctica: As estruturas.

A editorial SM nos librosvivos.net presenta unha unidade sobre estruturas.

Para avaliar os coñecementos sobre estructuras, recoméndovos esta serie de actividades interactivas, realizadas pola profesora Teresa Mancebo.

Outro recurso interesante para traballar esta unidade preséntao o profesor Santiago Madrid Mota na seguinte web: