Autopsia Tecnolóxica

A partir da proposta Autopsia Tecnolóxica do portal educativo Aulas Galegas o alumnado de Tecnoloxía do IES de Brión preséntanos  interesantes análises de obxectos para investigar como funcionan, que compoñentes teñen é a súa función no conxunto.

Iria Maceiras de 4º ESO desmonta unha fonte de alimentación:

Accede ao seu traballo : Fonte_alimentación_autopsia_tecnoloxica

fonte_alimentación_1

Simón Rivas de 4º ESO desmonta un deshumidificador e identifica parte dos seus compoñentes:  1.Ventilador 2.Compresor 3.Radiador/Evaporador 4.Chapa (estrutura exterior) 5.Rejillas laterales 6.Tornillos, tuercas y arandelas del aparato 7.Depósito de auga 8.Chapa (estrutura interior ) 9.Cableado

Deshumidificador_autopsia tecnolóxica

 

Adán Maroñas de 4º ESO desmontou un teledirixido que non funcionaba, soldou o cable e editou este estupendo vídeo para amosarnos o seu traballo:

Ademais explicounos o que aprendeu no proceso  sobre o funcionamento, a estrutura e a distribución de compoñentes: motores, placa, portapilas.

“Sobre a placa atópase un interruptor, que é o que encende e apaga o teledirixido, unha antena que vai atornillada á placa, un microchip, varios condensadores e un pequeno altofalante xa que se ve que o xoguete tamén emitía sons. Da placa saen dous cables de alimentación que van ao soporte das pilas(un deles foi o que reparei) e outros catro cables: dous para cada motor. Pola parte dos motores, temos o que impulsa a cuadrimoto, que está conectado ás rodas por medio de varios engrenaxes para diminuir as revolucións e tamén transmitir o movemento ata as rodas. Hai outro motor que é o da dirección, colocado na parte traseira. Este xa non leva tantos engranaxes, pero si que leva unha peza para cambiar a dirección do movemento. Ambos motores levan un condensador cerámico para que sexan capaces de encender.”                              Adán Maroñas Calvelo. 4º B

 

STEAM MATES

Un curso máis e mesmo nestas circunstancias extraordinarias, participamos na 4ª edición de Wisibilízalas, convocatoria do Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra que presenta os seguintes obxectivos:

  • Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
  • Potenciar referentes femininos actuais que servan de inspiración as máis xóvenes.
  • Promocionar o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.

STEAM MATES é a páxina creada por alumnado das materias de Debuxo Técnico e TIC de 1º de Bacharelato, na que presentamos a un grupo de científicas e enxeñeiras galegas ou que traballan en Galicia: Elena Vázquez, Mar Capeáns, Ana María González, Joana Silva, Mabel Loza, María Pardo, María Rilo, Paula Ojea, Mónica Bugallo, Carmen Misa e Soledad Torres, ás que agradecemos a súa participación no proxecto.

Esperamos que vos guste

De volta ao instituto

A exalumna  Carmen Trigo Cobas, participante moi activa en proxectos no centro e actualmente estudante de Enxeñería Informática, volveu ás aulas do instituto para impatir unha charla ao alumnado actual de Tecnoloxía Industrial I e TIC I.  Carmen describiu a súa experiencia, como única rapaza nun grupo de rapaces, a participación nos proxectos, o paso á Universidade, e respondeu ás preguntas, dúbidas e inquietudes plantexadas polo alumnado.

Alumnado e profesorado agradecemos a colaboración de Carmen, agardando repetir a experiencia.

Día Internacional das rapazas nas TIC

O próximo 23 de abril de 2020 é o Día Internacional das rapazas nas TIC, organizado polo aula e-learning do CESGA e celébrase mediante  multiconferencia web, debido á situación derivada da pandemia por COVID-19.

É unha gran oportunidade de coñecer a 4  protagonistas que contarán en primeira persona o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de todos, e preguntarlles todo o que queiramos sobre os seus traballos, como chegaron a eles, etc. Elas son:

  • Amparo Alonso Betanzos, Catedrática de C. Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da UDC e presidenta de AEPIA (Asociación Española de Intelixencia Artificial).
  • María Fernández Hermida, artista dixital galega da industria dos videoxogos.
  • Isabel Expósito Pérez, enxeñeira en Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na especialidade de comunicacións de radio.
  • Patricia Mañana Borrazás, arqueóloga, coordinadora do proyecto DIMENSO e profesora de cursos sobre Tecnoloxías Digitais de Documentación Xeométrica e Representación do Patrimonio no CSIC.

É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  Información do movemento a nivel internacional.

Desde o departamento de Tecnoloxía do instituto participaremos na actividade, como vimos facendo nos últimas edicións.

Período non presencial

Durante o período non  presencial no departamento de Tecnoloxía iremos propoñendo tarefas e comunicación co grupo nas plataformas habituais de traballo:

CursoMateriaPlataformaComunicación
2º ESOTecnoloxíaEDIXGAL

Foro de comunicación de grupo

Mensaxería EDIXGAL

2º ESO

Grupos B e D

Control e Introdución á Robótica 2ºEDIXGAL

Foro de comunicación de grupo

Mensaxería EDIXGAL

3º ESOTecnoloxíaAGUEIROMensaxería Agueiro
4º ESOTecnoloxía

www.auladetecnoloxia.com

AGUEIRO

Mensaxería Agueiro
4º ESOTICAGUEIROMensaxería Agueiro
1º BacharelatoTecnoloxía Industrial I

auladetecnoloxia.com

AGUEIRO

Mensaxería Agueiro

Habilitado un foro de comunicación de grupo

1º BacharelatoTIC IAGUEIRO

Mensaxería Agueiro

Habilitado un foro de comunicación de grupo

2º BacharelatoTecnoloxía Industrial IIAGUEIROMensaxería Agueiro
2º BacharelatoTIC IIAGUEIRO

Mensaxería Agueiro

Habilitado un foro de comunicación de grupo

Día internacional da nena e muller na Ciencia

No 11 de febreiro desde o departamento, queremos recordar o blog realizado o curso pasado por dúas ex-alumnas do noso IES na materia de TIC II, no que recopilaron algúns traballos realizados nos cursos anteriores sobre esta temática.

Non deixedes de visitalo https://carliaticii.wixsite.com/mulleres-elas

Parabéns ás autoras: Carla Villar e Noelia Canda

Taller de estruturas

O pasado 1O de febreiro disfrutamos na aula de Tecnoloxía do taller de estruturas impartido polos membros do proxecto “Camiños de futuro”.

No taller participou todo o alumnado de 2º de ESO, experimentando o comportamento de estruturas e elementos construidos do seu  entorno, relacionándoas con conceptos básicos ( forza, velocidade, desprazamento) e introducindo outros novos (como tensión, vibración, deformación) que se enlazaron con elementos da vida diaria como sismo, deseño, proxecto, edificios e pontes.

As mulleres no mundo das TIC

Desde o 4 ata o 16 de febreiro, conmemorando o 11F disfrutamos na entrada do instituto da exposición cedida polo CITIUS temporalmente sobre mulleres representativas nas TIC.

A exposición que repasa as contribucións de dez científicas e tecnólogas destacadas para facer visible o seu legado e tamén promover vocacións tecnolóxicas entre rapazas e mulleres novas.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é exposicion_tic_1.png Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é exposicion_tic_2.jpg