
O próximo 23 de abril de 2020 é o Día Internacional das rapazas nas TIC, organizado polo aula e-learning do CESGA e celébrase mediante multiconferencia web, debido á situación derivada da pandemia por COVID-19.
É unha gran oportunidade de coñecer a 4 protagonistas que contarán en primeira persona o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de todos, e preguntarlles todo o que queiramos sobre os seus traballos, como chegaron a eles, etc. Elas son:
- Amparo Alonso Betanzos, Catedrática de C. Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da UDC e presidenta de AEPIA (Asociación Española de Intelixencia Artificial).
- María Fernández Hermida, artista dixital galega da industria dos videoxogos.
- Isabel Expósito Pérez, enxeñeira en Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na especialidade de comunicacións de radio.
- Patricia Mañana Borrazás, arqueóloga, coordinadora do proyecto DIMENSO e profesora de cursos sobre Tecnoloxías Digitais de Documentación Xeométrica e Representación do Patrimonio no CSIC.
É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. Información do movemento a nivel internacional.
Desde o departamento de Tecnoloxía do instituto participaremos na actividade, como vimos facendo nos últimas edicións.