No traballo por proxectos é fundamental o uso das ferramentas .Para ampliar información sobre os usos das mesmas, é moi útil o recurso Obradoiro de Tecnoloxía: Ferramentas, que consiste nunha Galería de imaxes acompañadas de información das aplicacións, medidas de protección, vídeos nos que se pode ver como se empregan, e imaxes complementarias. Este traballo foi realizado por Carmelo Cacabelos, Obdulia García, Paco Lado e Sindo Monteagudo e premiado como recurso educativo para a Sociedade da Información.