“Mulleres TIC” 3º posto en Wisibilízalas

O día 11 de febreiro coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, fíxose entrega en Barcelona do terceiro premio do concurso Wisibilízalas convocado polo  Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra.

Este galardón foi outorgado a un grupo formado por alumnado de 1º de Bacharelato e 4º de ESO en recoñecemento á calidade da páxina web “Mulleres TIC” elaborada nas materias de TIC e EPVA.A nova nos medios:

Save

Save

A nova na TVG

Código Cero: Estudantes do IES de Brión chegan á final do prestixioso concurso Wisibilízalas

  O alumnado do IES de Brión acada o terceiro posto en Wisibilízalas

La voz de Galicia: Premio para o IES de Brión

El correo gallego: O alumnado do IES de Brión logra o terceiro posto no concurso Wisibilízalas

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Participación en Galiciencia

Os días 16, 17 e 18 de novembro os alumnos de 2º de Bacharelato Lois Meira López e Christian Capeáns Pérez presentaron o proxecto “Autómatas con capacidade de aprendizaxe” en Galiciencia 2016.

 

Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, reuniu en San Cibrao das Viñas (Ourense) un importante número de traballos de investigación e innovación desenvolvidos por estudantes de todas as idades.

Galiciencia é unha iniciativa de Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia).

Estar presentes nesta mostra supón para este proxecto, para o alumnado implicado, e para o centro educativo no seu conxunto, un novo recoñecemento logo do éxito acadado o pasado curso en DesafioSTEM. É ademáis unha oportunidade para compartir experiencias con outros centros nos que tamén se están a desenvolver metodoloxías de traballo que promoven os talentos e intereses do alumnado.

A continuación deixamos unha relación da nova nos medios:

A nova en Código Cero

A nova en La Región (vídeo)

Galiciencia 2016 en Cadena Ser, no min 4:14 podemos escoitar aos alumnos do IES de Brión

Galiciencia en Telemiño (vídeo)

Galiciencia na páxina da FECYT

“Andando o camiño” Primeiro premio no concurso “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch”

Alumnado de 1º ESO acada co seu traballo “Andando o camiño” o primeiro premio na modalidade de secundaria no certame “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch”.

Este traballo foi realizado na materia de Programación no contexto da convocatoria realizada polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia ligada ao programa “Aprendo programando” do “Plan proxecta“ .

Listaxe de premiados

OSHWDem 2016

O pasado 21 de abril celebrouse na Domus da Coruña a 2ª edición do Concurso de Robótica Escolar da OSHWDem. Cinco equipos do IES de Brión de 4º de ESO ( Tecnoloxía e Ed. Plástica e Visual) e 1º de Bacharelato (Debuxo Técnico I e Tecnoloxía) participaron no evento, catro deles na categoría renacuajo e un na categoría libre.

Os tres renacuajos máis rápidos participaron na final, clasificándose así para a Liga Nacional de Robótica de competición, na categoría estudantes, acadando os 2º posto ( Brión 5), 3º posto (Brión 3) e 4º posto (Brión 6). Os equipos Brión 1 e Brión 4 quedan clasificados nos postos 6 e 9 respectivamente.

Axustes de última hora, optimización da programación, modelado e impresión en 3D de rodas e estruturas foron as principais innovacións nas que o alumnado estivo traballando para lograr mellorar considerablemente os tempos acadados polos robots na anterior edición da Oshwdem 2015.

 

 

Código QR

As alumnas de 4º ESO  María Pazos, Patricia Suárez, Andrea Rodríguez, Cristina Castelao e Irene Nimo forman o equipo  “CODIGUEÑAS”  participan no desafío Stem co proxecto

“CÓDIGO DE CLASE”

Código de clase vai ser unha aplicación para móbil que nos permitirá ler os códigos QR asignados a cada aula do centro, de forma que ao escanealos nos permitirá saber que clase se imparte nesa aula

QUE SON OS CÓDIGOS QR?qr

Os códigos QR son un tipo de códigos de barras bidimensionais, códigos de última xeración. A diferenza dun código de barras convencional, a información está codificada dentro dun cadrado, permitindo almacenar gran cantidade de información alfanumérica.

PARA QUE SERVE UN CÓDIGO QR?

Grazas a este sistema podes capturar co teu móbil todo tipo de  información  asociada a ese código: localizacións, webs, contactos,…

COMO LER UN CÓDIGO QR?       

Fai falta un dispositivo con unha aplicación que che permita ler os códigos QR, teu teléfono móbil ou calquera outro, existen moitas aplicacións para escanear os códigos QR gratuítas.

qr2QR Droid Code Scanner

COMO PODO XERAR O MEU PROPIO CÓDIGO QR ?

Existen aplicacións web gratuítas onde ti podes xerar o teu propio código

QR1

Premios en Sensores para todos

O alumnado de 4º de ESO da materia de Tecnoloxía acadou unha mención especial no Concurso “Sensores para todos” convocado por Igaciencia na celebración día da Ciencia e Tecnoloxía en galego, coa S. X. de Política Lingüística polo conxunto dos traballos presentados. Nos traballos presentador regúlase o comportamento de sensores e actuadores empregando unha placa Arduino programada polo alumnado.

O alumnado de 1º de Bacharelato de Debuxo Técnico I e Tecnoloxía Industrial I acadou o primeiro premio no mesmo concurso, presentado o proxecto sensor localizador de zonas escuras que combina unha pequena cámara, unha placa Arduino, unha Raspberry Pi, e diversos compoñentes electrónicos; todo montado sobre unha estrutura traccionada con motores de continua.

  • Sensores para todos

O pasado 5 de febreiro o alumnado desplazouse ao Centro Ágora da Coruña para a entrega de premios e realizar a exposición dos seus traballos, onde tamén tivo lugar a entrega e exposición dos premios do concurso Inventa en galego. Na entrega de premios acompañounos en represantación do Concello de Brión a 1º tenente alcalde Yolanda Bouzas.

Vídeos dos robots participantes na OSHWDem 2015

Robot Brión5 da OSHWDem 2015 from Brión5 on Vimeo.

Vídeo no que o equipo explica o proceso de deseño, construción e programación do robot segueliñas, co que participaron na OSHWDem 2015 na categoría renacuajo.
Alumnado de Debuxo Técnico I e Tecnoloxía Industrial I de 1º de Bacharelato.


Segueliñas de Brión 1

Making-Of Do Renacuajo De Brión 3 from Brión 3 on Vimeo.

Montaxe Robot de Brión 4/OSHWDem 2015 from lukibook on Vimeo.

 

Acceso á clasificación na LIGA NACIONAL DE ROBÓTICA DE ESTUDANTES

 

Competición Escolar de robótica da OSHWDem

Durante a mañán do xoves 5 de novembro o alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO e Debuxo Técnico e Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato participou na Competición Escolar de Robótica OSHWDem 2015, que tivo lugar na Domus da Coruña.

Brión 1Desde o instituto participaron catro equipos en dúas categorías (1 libre e 3 renacuajo) na competición denominada como segueliñas. 

Despois de dúas roldas eliminatorias, os catro equipos de Brión conseguiron clasificarse para a final, quedando entre os seis primeiros. Na categoría renacuajo os 3 equipos de Brión, quedaron nos 1º, 2º e 3º postos.

Na clasificación xeral, o robot deseñado e construído polo equipo de 1º de Bacharelato acadou un estupendo 2º posto.

A nova na prensa:

 

Semana europea da programación

O vindeiro 15 de outubro no instituto contaremos con “Talleres de introdución á programación”, para o alumnado de 2º e 3º de ESO dentro do programa DÍA DO CÓDIGO NO TEU COLE. EDUCAR PARA INNOVAR,  da SEMANA EUROPEA DA PROGRAMACIÓN, organizada pola Deputación da Coruña – Europe Direct.

A nova na prensa:   El correo gallego