O alumnado de Debuxo Técnico I (1º Bach) colabora na celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa instalación duns discos troquelados coa frase “25 N. O control tamén é violencia”. Estas pezas deseñáronse empregando trazos vectoriais e cortáronse en diferentes materiais coa cortadora láser do Polo Creativo do centro.
Arquivos do autor: Xabier Lorenzo
Problema de Pothenot
Na imaxe tedes resolto o chamado problema de Pothenot para o seguinte caso:
“Determina a posición dunha embarcación que se atopa fronte ás costas galegas de tal xeito que ve os faros de Cabo Vilano e Laxe baixo un ángulo de 75º e os faros de Laxe e O Roncudo baixo un ángulo de 22,5º.“
Lembra que a resolución do problema pasa necesariamente polo trazado dos arcos capaces dos ángulos dados, para os segmentos definidos polos pares de puntos dados.
Trazado dun plano tanxente a un cono por un punto do mesmo
Construción dun dodecaedro en repouso sobre unha cara
Cálculo do homolóxico dun punto P segundo a homoloxía definida polo par de triángulos homolóxicos dados
Construción dun triángulo equilátero dado un lado e un punto contido no mesmo
Cálculo da distancia entre planos paralelos mediante unha recta perpendicular
Cálculo da distancia entre planos paralelos mediante cambio de plano
Construción dun tetraedro en equilibrio estable sobre unha aresta
Construción dun tetraedro cunha cara no PH de proxección
Cálculo da intersección dunha recta e un plano oblicuos
Trazado do plano definido por tres puntos
Cálculo da VM dun segmento mediante un xiro
Sección dunha pirámide cun plano oblicuo
Sección dun cubo cun plano paralelo á liña de terra
Construción dun octaedro sobre unha cara
Neste gráfico interactivo pódese seguir paso a paso a construción dun octaedro cunha base sobre o plano horizontal de proxección. O cálculo da cota dos vértices da base superior realízase mediante o abatemento dun dos seus vértices, tendo en conta que o vértice, a súa proxección horizontal e a proxección horizontal dun dos vértices contiguos de cota nula definen un triángulo rectángulo de hipotenusa igual á aresta do octaedro.
Sección dun cono mediante un proxectante horizontal
Sección dun cono mediante un proxectante vertical
Intersección dunha recta e un cono
Neste gráfico interactivo pódese seguir paso a paso o cálculo da intersección dunha recta e un cono recto mediante un plano que pase polo seu vértice. A finalidade de empregar este plano é evitar o trazado de curvas cónicas, xa que a sección deste plano dará como resultado o que chamamos cónicas dexeneradas, neste caso dúas xeratrices.
Intersección dunha recta e unha pirámide
Distancia de punto a recta
Distancia dun punto a un plano
Homoloxía dun segmento dado
Xeometría descritiva
Accede a unha colección en Agueiro con diversos modelos interactivos que che axudarán a comprender ou repasar os distintos sistemas de representación: cónico, axonométrico e diédrico.
Homoloxía e afinidade
Accede a dous recursos interactivos sobre homoloxía e afinidade. Poderás avanzar e retroceder no procedemento de construción elaborado paso a paso para comprender mellor os fundamentos destas transformacións.
Transformación dun cuadrilátero nun cadrado mediante unha homoloxía.
Transformación dun triángulo escaleno nun triángulo equilátero mediante afinidade.
Curvas cónicas. Homoloxía da circunferencia
Curvas cónicas. Tanxentes
A través das seguintes imaxes podes acceder aos diferentes casos de rectas tanxentes á elipses, hipérboles e parábolas, por un punto propio, por un punto externo ou segundo unha dirección dada.
Lembra:
- A circunferencia focal de foco F1 é o lugar xeométrico dos puntos simétricos do foco F2 respecto das tanxentes á cónica.
- A recta definida polo foco F1 e o simético F2′ do foco F2 corta a cónica no punto de tanxencia.
- A circunferencia principal é o lugar xeométrico dos puntos medios dos focos da cónica e os seus simétricos respecto das tanxentes á mesma.
Visores 360X360
Estas aplicacións permiten construír e visualizar figuras en cónico e axonométrico respectivamente a partir das súas coordenadas.
Coas teclas WASD pódese rotar a figura en todas direccións.
Problema de Apolonio | Potencia, polaridade e inversión
TEORÍA PUR ASMR
Selecciono unha serie de programas de entre os publicados por David Cuartielles ao longo do mes de novembro de 2018 baixo o título xenérico de Teoría Pur ASMR. Nestes programas Cuartielles reflexiona sobre deseño, prototipado e outras cuestións relativas á produción de obxectos e produtos en xeral.
Teoría Pur ASMR 001 – Enzo Mari – Autoproyectos
Teoría Pur ASMR 017 – Rudd, Stern & Isensee – Prototipos Low- vs High-Fi
Teoría Pur ASMR 015 – Gibson, Norman, Latour, Reas, Fry, Mellis… – Enacción (affordance)