Cicloide

Estes vídeos foron realizados por alumnado de Debuxo Técnico II do IES de Brión, hai xa varios anos, como parte dun pequeno proxecto relativo ás propiedades da cicloide.

Podemos comprobar nesta primeira gravación ralentizada que o obxecto que se despraza pola traxectoria curva (cicloide) emprega moito menos tempo en chegar ao final da mesma que o obxecto que se despraza pola traxectoria recta, mesmo sendo esta última considerablemente máis curta.
Sabemos que a traxectoria definida pola cicloide é braquistócrona, e dicir é a traxectoria pola que un corpo que cae dun punto A a un punto B situado nunha cota inferior e non na mesma vertical, tardará o menor tempo posible.

Podemos comprobar nesta segunda gravación ralentizada que a cicloide é unha curva isócrona, é dicir, que o tempo que tarda un corpo en chegar ao seu punto medio (punto máis baixo) non depende da altura dende a que este se deixe caer, e polo tanto tampouco da distancia percorrida.

Deixa unha resposta