Este proxecto desenvolvido polo alumnado de Debuxo Técnico II no curso 2015/16 céntrase no trazado de evolventes e a súa aplicación ao deseño de rodas dentadas de engrenaxes.
Participaron no proxecto Roberto Ardións, Paloma Verdejo, Javier Dono e Miguel Gómez.
Contamos coa colaboración do Departamento de Tecnoloxía no tratamento dos aspectos mécanicos do deseño.
O trazado do contorno das rodas realizouse con Geogebra. O Perfil dos dentes obtívose en base a evolventes. O trazado exportouse a un arquivo vectorial escalable (SVG)) que serviu de base para o modelado 3D con Blender. Unha vez modelados os engrenaxes imprimíronse en PLA.
A evolvente de orixe O dunha circunferencia de centro C é o lugar xeométrico xerado polo extremo P dun segmento PT tanxente a unha circunferencia de centro C nun punto T que se despraza sobre a mesma, de lonxitude igual á do arco OT sendo o punto O un punto fixo da circunferencia. A evolvente pode ter sentido horario ou antihorario segundo sexa o sentido de xiro do punto T.