A través das seguintes imaxes podes acceder aos diferentes casos de rectas tanxentes á elipses, hipérboles e parábolas, por un punto propio, por un punto externo ou segundo unha dirección dada.
Lembra:
- A circunferencia focal de foco F1 é o lugar xeométrico dos puntos simétricos do foco F2 respecto das tanxentes á cónica.
- A recta definida polo foco F1 e o simético F2′ do foco F2 corta a cónica no punto de tanxencia.
- A circunferencia principal é o lugar xeométrico dos puntos medios dos focos da cónica e os seus simétricos respecto das tanxentes á mesma.