Neste gráfico interactivo pódese seguir paso a paso a construción dun octaedro cunha base sobre o plano horizontal de proxección. O cálculo da cota dos vértices da base superior realízase mediante o abatemento dun dos seus vértices, tendo en conta que o vértice, a súa proxección horizontal e a proxección horizontal dun dos vértices contiguos de cota nula definen un triángulo rectángulo de hipotenusa igual á aresta do octaedro.
Construción dun octaedro sobre unha cara
Deixa unha resposta