Deseño e construción de bancos de formigón

O alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría I de Debuxo Técnico I desenvolveron un proxecto interdisciplinar consistente no deseño e construción de bancos de formigón.

Este proxecto enmárcase dentro dun proxecto de ambientalización dos espazos comúns do instituto e no proxecto de centro “Coidemos do noso coidemos de nós”

Para o deseño e elaboración dos trazados empregouse Geogebra e Inkscape.

Para a construción do molde ou encofrado o alumnado empregou, entre outras técnicas, o corte con fresadora CNC.

Para o vaciado en formigón contouse coa colaboración da brigada de obras do Concello de Brión, a quen agradecemos a axuda prestada nesta primeira fase e coa que pretendemos contar para continuar co proxecto.

Deixa unha resposta