
Na imaxe tedes resolto o chamado problema de Pothenot para o seguinte caso:
“Determina a posición dunha embarcación que se atopa fronte ás costas galegas de tal xeito que ve os faros de Cabo Vilano e Laxe baixo un ángulo de 75º e os faros de Laxe e O Roncudo baixo un ángulo de 22,5º.“
Lembra que a resolución do problema pasa necesariamente polo trazado dos arcos capaces dos ángulos dados, para os segmentos definidos polos pares de puntos dados.