Mural de musgo

O alumnado de Proxecto Competencial de 4º ESO vai facer un mural de musgo nunha das paredes do espazo habilitado para Polos Creativos.

Nunha primeira fase experimentaron diferentes configuracións modulares con varios xogos de plantillas a escala 1:8 recortadas en fieltro coa cortadora laser. Nas vindeiras semanas aplicarán unha emulsión con musgo sobre o formigón, axudándose das máscaras de reserva a escala natural adheridas ao muro. Na imaxe superior podemos ver unha simulación do resultado final.

O alumnado de Deseño (2º Bach) creou os diferentes módulos e deseñou a configuración final do mural.

Estarcido contra o masacre do pobo en Palestina

Alumnado de Deseño (2º Bach) participou na actividade “Estarcido contra o masacre do pobo en Palestina” reproducindo a obra do artísta palestino Khaled Hourani titulada “Atlas Subxectivo de Palestina”.
Como xa avanza o título da actividade, a técnica empregada foi o estarcido con spray sobre parede. A secuencia de traballo foi a seguinte:

  1. Separación das diferentes cores da imaxe a partir dunha fotografía da obra orixinal.
  2. Vectorizado do contorno das diferentes masas de cor.
  3. Creación das máscaras de reserva en fieltro coa cortadora laser.
  4. Aplicación das diferentes capas de cor empregando spray sobre as máscaras adheridas á parede.

O alumnado participante nesta acividade quere así, unha vez máis, amosar a súa solidariedade co pobo palestino e deixar pegada do seu compromiso.

Serigrafía +robótica

O Departamento de Debuxo colabora coa actividade de robótica promovida polo Departamento de Tecnoloxía para asistir a 7ª Competición de Robots da EEI da Universidade de Vigo co deseño e estampación de camisetas para o alumnado que participa na mesma.

O deseño elaborouse a partir dunha imaxe da “Maquina de diferencias” de Ada Lovelace e Charles Babbage. O propio alumnado emulsionou e insolou unha pantalla de serigrafía para logo estampar máis dunha veintena de camisetas de diferentes cores.

Obradoiro de xoiería

O Departamento de Debuxo colaborou no obradoiro de xoiería que se desenvolveu este segundo trimestre no espazo de Polos Creativos do centro.

Na actividade participou alumnado de todos os niveis de ESO e Bacharelato.

Traballouse fundamentalmente con fieltro cortado con laser, aínda que tamén se fixeron probas noutros materiais como madeira, coiro ou goma EVA. Os trazados elaboráronse maioritariamente con Inkscape.

Libro mudo

Alumando de 1º ESO participou na confección dun libro mudo colectivo. A primeira fase do traballo consistiu en confeccionar unha serie de trazados con BlocksCAD e exportalos en formato vectorial para logo, nunha segunda fase recortar as diferentes páxinas do libro coa cortadora laser.

Este traballo inspírase en propostas do deseñador italiano Bruno Munari.