Con esta pequena aplicación poderás obter a representación axonométrica-isométrica de figuras a partir das súas vistas. Podes empezar coas figuras de exemplo, pero é moito máis interesante que traballes con outras creadas por ti.
Coa ferramenta “Isometría dun punto” (en verde) indica por orde: a proxección horizontal do punto (planta), a proxección vertical do punto (alzado) e a orixe dos eixes coordenados na axonometría. Crearase así a isometría do vértice escollido. Repite o procedemento para o resto dos vértices da figura. Logo une os vértices con segmentos para definir as arestas.
Se queres crear unha nova figura sen borrar a anterior desliza o lenzo coa cruceta de desprazamento e crea uns novos eixes e unha retícula para as vistas coa ferramenta “Diédrico, isométrico” (en vermello).