Anamorfose debuxada no patio do IES polo alumnado de 4º ESO.
Arquivo da categoría: Anamorfose
Anamorfoses
O alumnado de 4º ESO debuxou estas anamorfoses con xiz no patio como actividade final do tema “Perspectiva cónica.”
O alumnado de 3º ESO tamén participou nesta actividade, apenas como anticipo do traballo que terán que facer o vindeiro curso.
Un punto azul
Xeometría estereoscópica
Logo de realizar as anamorfoses no patio do centro, empregamos a mesma técnica para debuxar diversos corpos xeométricos sobre papel continuo extendido no chan, pero esta vez engadindo unha das moitas técnicas para a creación de imaxes 3D.
Nesta ocasión a representación é dobre. Hai dous conxuntos de liñas, un o correspondente á perspectiva cónica considerando o ollo esquerdo e outro considerando o ollo dereito. Cada conxunto de liñas está debuxado cunha cor diferente, de tal xeito que ao filtralo cunhas gafas anaglifo (gafas con filtros de cores), vemos cada conxunto cun ollo. Isto provoca a sensacion de que o obxecto está de feito ocupando o espazo, incluso de que podemos tocalo e atravesalo. Na práctica o resultado depende moito das condicións de iluminación, da posición do observador, da intensidade das liñas de cores, etc. Nesta ocasión dúas das figuras debuxadas podían verse realmente ben, e unha terceira con moita dificultade.
Nota: as imaxes que incluimos neste artigo ilustran o traballo realizado, pero é inútil intentar percibilas en 3D, pois non están nin no tamaño nin na posición adecuada.
Anamorfose II
Anamorfose I
Este traballo foi realizado polo alumando de 4º ESO na última semana de maio como actividade de ampliación dentro do bloque de sistemas de representación, concretamente en relación á perspectiva cónica.
Na fotografía que segue podemos ver ao alumnado construindo a imaxe perspectiva do cubo sobre un plano de cadro horizontal: o chan do patio do instituto.