Co gallo da celebración do IV Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego adicado este ano á relación arte-ciencia e nomeadamente ás figuras de Isaac Díaz Pardo, R. Buckminster Fuller e Florence Nightingale, querémosvos propor unha serie de actividades coas que poderedes descubrir algo novo desta interesante relación.
Nesta ocasión unha proposta para o alumnado de 4º ESO.
Analiza este esquema elaborado no Seminario Sargadelos sobre a orixe das formas.
Pon algúns exemplos que corroboren o que propón.
Pon algúns exemplos que contradigan o que propón.
Elabora o teu propio esquema sobre a orixe das formas.