Neve en “Frozen”

Como xa sabedes é moi importante observar atentamente e analizar aquilo que queremos representar. Cando traballamos en animación debemos estudar o comportamento físico dos elementos representados, as traxectorias, as velocidades, as aceleracións, etc. Neste vídeo podedes ver con que minuciosidade se fai todo isto na animación profesional. Trátase da análise da neve realizada para Frozen de Disney.

Deixa unha resposta