Cadeiras


dia_da_ciencia_e_a_tecnoloxia_en_galego_2013_ies_de_brion

Nas tres imaxes que ilustran este artigo podemos ver retratados aos deseñadores das cadeiras nas que eles mesmos posan sentados. Esta fotografía, tomada no IGI polo fotoxornalista Andrés Fraga, amosa ao artísta, deseñador e intelectual galego Isaac Díaz Pardo sentado nunha cadeira antropomórfica deseñada en 1958.
O retrato da esquerda é do arquitecto e deseñador húngaro Marcel Breuer, sentado na súa cadeira B3 ou Wassily (1925) deseñada na Bauhaus e chamada así como homenaxe ao pintor ruso. Á dereita podemos ver, sentado na súa cadeira MR (1927), a un dos máis importantes arquitectos do século XX, Ludwig Mies van der Rohe,  quen foi director da Bauhaus entre 1930 e 1933.
  

Actividade proposta para 4º ESO

  1. Localiza unha imaxe de cada unha das cadeiras na que apreciemos correctamente o seu deseño. Redacta un pequeno texto que inclúa unha análise formal das mesmas con especial atención á relación forma-función.
  2. Localiza un segundo deseño de cadeira de cada un destes deseñadores e arquitectos. Elabora unha pequena ficha técnica sobre cada unha delas.
  3. Poderías establecer algún vínculo entre estes obxectos e os seus autores e a relación arte-industria ?
  4. Comenta unha das seguintes afirmacións de Mies:
    1. É case máis difícil deseñar unha cadeira que un rañaceos.
    2. Menos é máis.
    3. A forma segue á función.
  5. Crees que Isaac Díaz Pardo podería ter asumido como propias algunhas das afirmacións anteriores? Razoa e documenta a túa resposta.
  6. Segundo a túa opinión, que lugar ocupa a creatividade nos procesos de deseño?

dia_da_ciencia_e_a_tecnoloxia_en_galego_2013_ies_de_brion

 

Deixa unha resposta