Constrúe a túa propia cúpula xeodésica

dia_da_ciencia_e_a_tecnoloxia_en_galego_2013_ies_de_brion

O alumnado de 1º ESO tamén celebra o IV Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego. Imos construír a nosa propia cúpula xeodésica a partir do seu desenvolvemento.

Trata a superficie do recortable cos diferentes elementos gráfico-plásticos que xa coñeces (puntos, liñas, planos, texturas, cor ). Recorta polas liñas negras, dobra polas liñas grises e pega as solapas.

Lembra que os traballos formarán parte dunha pequena exposición.

Desenvolvemento dunha cúpula xeodésica V2. Recortable con solapas.

Para descargar un recortable elixe o tamaño:   [Recortable A4]   [Recortable A3]

Cúpula xeodésica de cores

As cúpulas xeodésicas son unhas estruturas arquitectónicas ideadas por R. Buckminster Fuller. Están formadas por diferentes módulos triangulares. Permiten cubrir grandes vanos con elementos lixeiros. A súa principal característica é a resistencia.

Cando Fuller idea as cúpulas xeodésicas, en realidade levaba tempo traballando sobre a reticulación da esfera coa intencion de elaborar mapas nos que os elementos xeográficos resultasen menos distorsionados do que nos mapas convencionais. O fundamento destes mapas e o das cúpulas xeodésicas son exactamente o mesmo.

Se este traballo desperta a vosa curiosidade e queredes saber algo máis de Buckminster Fuller podedes ver o seguinte vídeo.

Bucky Fuller & Spaceship Earth. A short film by Ivorypress. from Ivorypress on Vimeo.

dia_da_ciencia_e_a_tecnoloxia_en_galego_2013_ies_de_brion

Deixa unha resposta