
O alumnado de Imaxe e Son (2º Bach) súmase á celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller con estes rótulos luminosos.

O alumnado de Imaxe e Son (2º Bach) súmase á celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller con estes rótulos luminosos.
Accede ao documento de traballo para iniciarse no manexo do elemento canvas de HTML5.
Poderás aprender a facer diferentes figuras xeométricas, iteracións, figuras que perseguen ao rato, imaxes que cambian de cor total ou parcialmente e incluso unha pequena galería de imaxes.
Nesta web poderás iniciarte no modelado 3D con Openscad definindo os vértices, arestas e caras de diferentes volumes.
Nesta ocasión traballamos con cinco poliedros regulares (tetraedro, hexaedro, octaedro, dodecaedro e icosaedro) en diferentes posicións, pero se calculas a posición dos vértices poderás modelar todos os poliedros que podas imaxinar.
A mediatriz dun segmento é unha recta que o divide en dous segmentos iguais.
Resulta moi interesante esta outra definición, da que por certo se deriva o procedemento para calculala: A mediatriz dun segmento é o conxunto de puntos que equidistan dos seus extremos.
A bisectriz dun ángulo é unha recta que o divide en dous ángulos iguais.
Resulta moi interesante esta outra definición, da que por certo se deriva o procedemento para calculala: A bisectriz dun ángulo é o conxunto de puntos que equidistan dos seus lados.
Na seguinte construción dinámica podes ver os catro puntos notables do triángulo.
O incentro ou centro da circunferencia inscrita no triángulo atópase na intersección das bisectrices do ángulos do triángulo. A circunferencia inscrita pasa por tres puntos de tanxencia cos lados do triángulo que se atopan nas respectivas perpendiculares aos lados pasando polo incentro.
O circuncentro ou centro da circunferencia circunscrita atópase na intersección das mediatrices dos lados do triángulo.
O ortocentro atópase na intersección das alturas do triángulo. Nos triángulos obtusángulos estas non se cortan, polo que será preciso prolongalas mediante rectas.
O baricentro ou centro de masas do triángulo atópase na intersección das medianas.
Modifica a posición dos vértices A, B e C para construir diferentes triángulos. Observa as posicións dos distintos puntos notables e saca conclusións.
Se queres construír unha cúpula xeodésica de papel podes descargar e imprimir este recortable. Se decides pintala mellor faino antes de nada, logo recorta polas liñas negras, dobra polas liñas grises e pega as solapas.
Para descargar o recortable elixe un tamaño: [Recortable A4] [Recortable A3] |
As cúpulas xeodésicas son unhas estruturas arquitectónicas ideadas por R. Buckminster Fuller. Están formadas por diferentes módulos triangulares. Permiten cubrir grandes vanos con elementos lixeiros. A súa principal característica é a resistencia.
Cando Fuller idea as cúpulas xeodésicas, en realidade levaba tempo traballando sobre o reticulado da esfera coa intención de elaborar mapas nos que os elementos xeográficos resultasen menos distorsionados do que nos mapas convencionais. O fundamento destes mapas e o das cúpulas xeodésicas son exactamente o mesmo.
No IES de Brión construímos un invernadoiro empregando este tipo de estrutura. se queres saber máis sobre este proxecto podes velo aquí.
Se este traballo desperta a túa curiosidade e queres saber algo máis de Buckminster Fuller podedes empezar polo seguinte vídeo.
Bucky Fuller & Spaceship Earth. A short film by Ivorypress. from Ivorypress on Vimeo.