En CSSDrive poderás obter unha paleta de cor moi completa de calquera imaxe.
Obteremos catro paletas, unha xenérica, unha para as altas luces, unha para os tonos medios, e unha para as sombras, a partir de calquera imaxe da rede ou mesmo dunha imaxe que podemos subir no momento.
Poderemos ademais obter o código hexadecimal das diferentes cores das paletas.
En TrazosWeb poderás atopar un artigo sobre máis ferramentas para obter paletas de cores.