LEONARDO DA VINCI NA REDE

LEONARDO INTERACTIVO 

A Biblioteca Nacional de España ofrece como novidade unha versión dixital dos Códices Madrid I e II de Leonardo de Vinci, acompañados de diversos materiais interactivos que permiten comprender un pouco mellor a obra deste polifacético home renacentista.

Imaxe do Códice Madrid I

TRATADOS DE LEONARDO NOS FONDOS DA BIBLIOTECA DIGITAL HISPÁNICA

1. Tratados varios de fortificación estática y geometría 

Leonardo da Vinci (1452-1519) –  Manuscrito –  entre 1401 e 1500? 

2. Tratado de estatica y mechanica 

Leonardo da Vinci (1452-1519) –  Manuscrito –  entre 1401 e 1500? 

3. El tratado de la pintura 

Leonardo da Vinci (1452-1519) –  Libro –  1784 

BIBLIOTECA LEONARDIANA  

 

 

 

 

 

 

 

 

e-Leo Archivio digitale di storia della tecnica e della scienza

Biblioteca Leonardiana no seu Archivio digitale di storia della tecnica e della scienza permite consultar as versións dixitalizadas do Codice Arundel, do Códice Atlantico, do Códice Leicester, dos Códices de Madrid I e II, do Códice sobre o voo dos paxaros, do Códice Trivulziano, dos Códices Foster I, II e III, dos 12 Manuscritos de Francia, do Libro da pintura,de diversas traducións do Tratado da pintura, e de debuxos anatómicos.

 

 

 

 

 MUSEO NAZIONALE DELLA SCIENZA E DELLA TECNOLOGIA

LEONARDO DA VINCI

O Museo Nazionale della Scienza e della Tecnologia Leonardo da Vinci situado na cidade italiana de Milano, ofrece na súa web exposicións virtuais, vídeos, audios, experiencias on-line e outros documentos sobre Leonardo e a súa obra.

 Especialmente destacables son as reconstrucións virtuais de moitos dos mecanismos que deseñou.

UNIVERSAL LEONARDO

Universal Leonardo é un proxecto coordinado polo historiador Martin Kemp, no que a través de diversas exposicións europeas, investigacións científicas e múltiples recursos en rede, podemos coñecer en profundidade o traballo de Leonardo da Vinci, os seus manuscritos, invencións, debuxos e pinturas.

Un recurso imprescindible, riguroso, crítico e perfectamente documentado e estructurado, que inclúe unha moi completa biografía e un apartado de actividades.

   LEONARDO DA VINCI NO GOOGLE ART PROJET  

Estudo de dúas cabezas de soldado para a batalla de Anghiari

A través do Google Art Project pódese acceder á versión dixitalizada en alta calidade de diversas pinturas e debuxos de Leonardo da Vinci expostos en diferentes museos arredor do mundo.

LEONARDO DA VINCI NO VITORIA & ALBERT MUSEUM

Victoria & Albert Museum de Londres expuso obra de Leonardo baixo o título Leonardo da Vinci: Experience, Experiment, Design.

Neste museo están depositados os Códices Foster I, II e III, dende a morte de John Foster en 1876.

 

Estudo sobre o movemento perpetuo

Códices Foster. Volumes I, II e III

 Consulta os Códices Foster

 Podemos ver unha animación en base a un dodecaedro a partir de debuxos e estudos de Leonardo sobre os poliedros regulares.

  

LEONARDO DA VINCI NA NATIONAL GALLERY     

A finais do ano pasado e principios deste, tivo lugar na National Gallery de Londres a exposición Leonardo da Vinci. Painter at the court of milan. Esta mostra foi unha das maiores e máis representativas da pintura de Leonardo. Na web desta importante pinacoteca pode consultarse unha gran cantidade de información de interese sobre o artista.

Nesta web podemos consultar unha serie de vídeos sobre diferentes aspectos da obra de Leonardo, a exposición, e o traballo de conservación.

Destacamos polo seu interese dous vídeos especialmente interesantes, un máis xeral sobre a exposición, outro moi específico no que temos a oportunidade de ver ao prestixioso historiador Martin Kemp falando sobre os debuxos de Leonardo.

    LA GIOCONDA
   

Esta famosísima obra pintada por Leonardo entre 1503 e 1506 está exposta no Louvre de París. Na páxina web do museo podemos obter máis información sobre este retrato de sorriso misterioso coñecido como La Gioconda ou Mona Lisa, e que en realidade é o retrato de Lisa Gherardini, esposa de Francesco del Giocondo.

 

No blog Los grandes robos de arte, da historiadora Montse Díaz, podemos ler o relato do roubo deste cadro no verán de 1911.

Espazo deixado polo cadro ao ser roubado

Preme na imaxe para vela en alta resolución.

Museo Nacional del Prado en Madrid, conserva na súa colección unha copia de La Gioconda, contemporánea da orixinal de Leonardo, realizada no seu propio taller, moi probablemente por algún dos seus discípulos Andrea Salai ou Francesco Melzi.

Podemos atopar máis información sobre o cadro na web da pinacoteca, en Pradomedia e nun artigo de rtve.es.

L’ULTIMA CENA   

Preme na imaxe para vela en alta resolución

En 1494, Ludovico Sforza, Il Moro, duque de Milano, encargou a Leonardo da Vinci unha pintura mural para o reflectorio de Santa María delle Grazie, declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1980. Leonardo executou a que moi probablemente sexa a súa mellor obra, L’Ultima Cena.

milan.arounder.com ofrecenos a posibilidade de aproximarnos un pouco máis ao reflectorio e á pintura a traves dunhas imáxes interactivas.

  

 

 

 

 

 

 

 

Vista de Santa Mª delle Grazie

En abril de 2006 a BBC dentro da serie Private Life of a Masterpiece emitiu un documental sobre L’Ultima Cena, producido por Fulmar Television & Films.

Ese documental está agora colgado en You Tube.

 

BIOGRAFÍA 

Documental sobre a vida de Leonardo da Vinci producido por History Television Networks e emitido no seu día por Canal Historia. Agora en You Tube.

 

Deixa unha resposta