Módulos de parafina

Tras a obtención dun molde dividido en cinco partes, cos seus correspondentes rexistros, procedemos a facer o módulo con parafina, cuxa fórmula química é C25H52.

Para facer o módulo colocamos o molde con todas as pezas no seu lugar, fixándonos en cal foi a última peza que se colocou xa que debera ser a primeira peza en ser despegada do molde despois do bebedeiro.

Á vez que imos montando o molde tamén quentando a parafina, cuxo punto de fusión esta entre 47º e 64º. Cando xa temos a parafina en estado líquido procedemos a vertela no molde, so vertemos a parafina necesaria para facer un módulo resistente e coas paredes finas para logo introducir o cableado. Cando a parafina está vertida, o bebedeiro tápase coa peza do molde correspondente e átase, logo diso xiramos o molde en todas direccións durante uns dez minutos para que así a parafina se pegue as paredes do molde, formando así o módulo.

Tras pasar dez minutos xirando o molde sen parar, procedemos a abrir o molde e extraer o módulo de parafina.

Ao sacar o módulo, pode que teña rebarbas, que se cortan cun coitelo para logo ser pulidas.

 

Construción do molde perdido.

Unha vez creado o módulo con cartón, madeira e plastilina como xa explicaron noutra parte do proceso, corresponde facer o chamado «molde perdido».

O molde perdido faise coa intención de poder crear así un modulo en escaiola, unha vez teñamos ese módulo de escaiola deberiamos facer un segundo molde para poder vaciar tantos módulos como queiramos.

Para facer o molde perdido, antes tivemos que facer unha estrutura partindo dunha semiesfera de porexpán, cubríndoa ata un pouco máis da metade da altura. A parte branca que se ve da semiesfera é onde apoiamos o módulo que vemos na imaxe anterior.

O cartón usámolo para que a estrutura sexa máis forte e a escaiola non se derrame.

Aquí vemos como botamos a escaiola para a elaboración do molde perdido. Esta ten que cubrir todo o módulo.

Unha vez rematada a fase de verter a escaiola, debemos deixar que frague.

Este é o resultado final. Xa temos o noso molde.

Construción do módulo. Parte II

Unha vez feita a estrutura do módulo en madeira, procedemos a recortar 30 pezas circulares de diámetro 4 cm, as cales se cortan a metade para así pegalas polas dúas caras do modulo de madeira e así facer as seccións. Temos coidado de descontar unha pequena franxa próxima ao diámetro, correspondente ao grosor da madeira da estrutura.

Para conseguir o volume do módulo, enchemos o espazo  entre as seccions con plastilina.

Finalmente defínese ben a superficie da figura e elimínanse as irregularidades para que o molde, sexa o máis perfecto posible.

Construción do módulo. Parte I

Unha vez obtido o deseño do módulo, procédese a imprimilo en papel ao tamaño que se desexe. Para obtelo faise unha primeira impresión e determinamos fácilmente o tamaño do arquivo pois sabemos que as razóns das medidas no mesmo son proporcionais ás razóns das medidas impresas. Vólvese imprimir e compróbase que a medida é a correcta. Cando xa se está seguro de ue se ten as medidas imprímese o modelo en papel pegatina, pégase en contrachapado e córtase cun cúter.

Unha vez obtidas as pezas procédese a marcar nelas unhas seccións radiais cunha separación de 2 cm.

Por último péganse as tres pezas no ángulo adecuado utilizando un modelo de ángulo imprimido e cortado.

Iniciando o proxecto

Fase I. Búsqueda de información:

Nesta primeira fase ten lugar a chamada tormenta de ideas, na que cada membro do equipo aporta todas as ideas que poden ser útiles. Investígase sobre materiais, deseños e formas empregando as novas tecnoloxías e diversas fontes de información para realizar unha lámpada composta por módulos.

Algunhas das ideas que se sopesaron e sobre o que se investigou antes de chegar ao deseño final foron as seguintes:

Andromeda, un deseño interesante      Lámpada de interesante diseño

Lámpada Coral                                       Voetbal Lamp de Piet Hein Eek

Ademáis da tormenta de ideas, nun primeiro momento cosiderouse a opción de imitar formas xa existentes, pero descartouse a medida que avanzaba o proxecto.

Tras a investigación inicial, procédese ao chamado pensamento crítico, no que se decide que modelos ou deseños son os que posúen mellores características, propiedades e se ccumpren as necesidades do noso proxecto; e escoller, dese xeito, a idea que consideramos como a mellor.

Fase II. Deseño do módulo:

Unha vez fixadas as características do módulo, procédese a realizar un debuxo en papel. Despóis de definir máis o seu deseño e forma fanse maquetas para ter unha aproximación do que se quere obter e se hai algún problema coas formas escollidas.

Finalmente, establécese que o módulo está baseado en formas orgánicas e a partir de circunferencias tanxentes entre sí. A forma coa que se traballará está composta por sectores de toro que se intersecan entre si e que forman unha peza con  tres «brazos», dous no mesmo sentido e un en sentido contrario. Para ter conciencia da peza rematada realízase unha aproximación en poliestireno expandido, tamén coñecido como porexpán.

Para esta pequena proba, debúxase a forma do módulo na esfera de porexpán axudándose  dun toro de plástico co que se fan as circunferencias.

Tras ter a forma debuxada, procédese a recortar a peza cun cúter.

Para determinar o deseño final da lámpada (colocar os módulos no espazo), emprégase unha esfera sobre a cal os módulos reproducirán a súa forma circular. Utilízase o módulo recortado para establecer a colocación destes no espazo, formando unha esfera, e para saber o número necesario de módulos e as unións que terán lugar.