Unha vez feita a estrutura do módulo en madeira, procedemos a recortar 30 pezas circulares de diámetro 4 cm, as cales se cortan a metade para así pegalas polas dúas caras do modulo de madeira e así facer as seccións. Temos coidado de descontar unha pequena franxa próxima ao diámetro, correspondente ao grosor da madeira da estrutura.
Para conseguir o volume do módulo, enchemos o espazo entre as seccions con plastilina.
Finalmente defínese ben a superficie da figura e elimínanse as irregularidades para que o molde, sexa o máis perfecto posible.