A lámpada sae á rúa

O pasado día 1 de xuño os alumnos de Tecnoloxía e Debuxo de 1º de Bacharelato fomos expoñer o noso proxecto xunto con outros centros á mostra de «Tecnoloxía na rúa», que  tivo lugar na praza do Toural en Santiago .

O papel  asinado aos alumnos era o de explicar aos público que pasaba en que consistía o noso proxecto, así como o proceso levado a cabo para a súa fabricación.

Na exposición presentamos  varios módulos de parafina, dous de eles electrificados para amosar o funcionamento da lámpada, maquetas, imaxes de diferentes do deseño, proceso e montaxes. Tamén se levou parafina e o molde do módulo coa intención de facer unha demostración da fabricación dun módulo.

Exposición do proxecto en Tecnoloxía na rúaDurante a exposición fomos entrevistados para explicar o noso traballo por Manuel Vicente, director do programa Efervesciencia, espazo de información científica accesible a todos os públicos da Radio Galega. Parte da entrevista foi emitida no programa  do 2 de xuño e pódese escoitar a partir do minuto 5 na seguinte ligazón: Efervesciencia

Entrevista para Efervesciencia da Radio Galega

Volta ao traballo tras a visita a Sargadelos

Tras a visita a Sargadelos e analizada a información obtida, chegamos a varias conclusións para redirixir o traballo e puxémonos a traballar para poñelas en práctica.

A primeira decisión que tomamos era a de obter un modelo ou maqueta da lámpada que queríamos. Polo que decidimos volver a facer a estrutura desexada en papel. Para iso imprimimos o patrón na escala que desexabamos e recortámolo cunhas tesoiras. Despois para poder unir os módulos no ángulo que desexábamos pegámoslle uns círculos de papel a cada extremo de cada módulo. A continuación unímolos con pegamento construindo a forma que nos parecía axeitada seguindo a figura dunha esfera como guía.

Esta foi a estrutura obtida unha vez rematado de unir os módulos de papel.

Porén esta estrutura obtida non ofrecía a rixidez que buscabamos polo que decidimos cambiar de material e reconstruir unha nova. O material que eliximos foi o cartón. Para obter os modulos imprimimos o patrón en papel de pegatina e pegámolo en cartón. Despois recortamos os módulos. Para unilos, tal como fixemos co papel, recortamos unhas circunferencias.

Nesta imaxe vese cómo se cortou un módulo en cartón.

Non acabamos de montar a estrutura de cartón xa que unha idea nova foi proposta. Esta consisitía en utilizar un molde dun modulo feito en pasta de modelar e obter os novos módulos nun novo material de traballo: a parafina.

Nesta imaxe podemos ver o módulo do que se obtivo o molde para facer os módulos en parafina.

Construción do módulo. Parte I

Unha vez obtido o deseño do módulo, procédese a imprimilo en papel ao tamaño que se desexe. Para obtelo faise unha primeira impresión e determinamos fácilmente o tamaño do arquivo pois sabemos que as razóns das medidas no mesmo son proporcionais ás razóns das medidas impresas. Vólvese imprimir e compróbase que a medida é a correcta. Cando xa se está seguro de ue se ten as medidas imprímese o modelo en papel pegatina, pégase en contrachapado e córtase cun cúter.

Unha vez obtidas as pezas procédese a marcar nelas unhas seccións radiais cunha separación de 2 cm.

Por último péganse as tres pezas no ángulo adecuado utilizando un modelo de ángulo imprimido e cortado.

Deseño do patrón

Cálculo dos ángulos das interseccións dos planos que forman a estrutura

Enunciado do problema:

Dados tres toros e unha esfera relacionados como se describe:
Os tres toros intersécanse entre si de tal xeito que as circunferencias definidas polos centros das circunferencias xeratrices son tanxentes entre si dúas a dúas.
Todas as circunferencias xeratrices son tanxentes exteriores á esfera.
Pretendemos calcular a verdadeira magnitude dos ángulos formados polas interseccións dos planos definidos polos centros das circunferencias xeratrices.

Datos:

Raio da esfera: 15 cm
Raio das circunferencias xeratrices: 2 cm
Distancia do eixe de revolución aos centros das circunferencias xeratrices dos toros: 6,5 cm

Solución:

Nota: Para unha mellor comprensión do debuxo trazaremos únicamente aquelas proxeccións necesarias para a obtención dos ángulos buscados, entendendo o resto da constución a partir do enunciado do problema.
Chamaremos circunferencia directriz a circunferencia definida polos centros das circunferencias xeratrices.

1._ Trazamos a proxección vertical da esfera.
2._ Trazamos a proxección vertical de dous dos tres toros de tal xeito que os planos definidos polas circunferencias directrices sexan planos proxectantes verticais.
3._ Seccionamos o conxunto mediante un plano frontal que pase polo centro da esfera. Lembremos que os elementos comprendidos neste plano están representados en verdadeira magnitude.
4._ Trazamos as proxeccións dunha esfera auxiliar que pasa polos centros das circunferencias directrices.
5._ Trazamos as proxeccións vertical (O2P2) e horizontal (O1P1) do segmento que une os centros das circunferencias directrices representadas.
6._ Xiramos o conxunto de figuras en torno a un eixe paralelo á liña de terra que pasa polo centro da esfera un ángulo tal que situe os centros das tres circunferencias directrices nun plano paralelo ao plano horizontal de proxección.
7._ Trazamos a proxección horizontal do triángulo formado polos centros das tres circunferencias directrices (O1P1Q1). Sabendo que as proxeccións trazadas no paso  5 están en VM o trazado redúcese á construción dun triángulo equilátero de lado OP inscrito nunha circunferencia con centro na proxección horizontal do centro da esfera.
8._Trazamos a proxección horizontal dun triángulo equilátero formado por segmentos horizontais tanxentes á esfera auxiliar nos centros das circunferencias directrices. Na práctica o problema redúcese ao trazado dun triángulo de lados paralelos aos do triángulo obtido no paso anterior pasando polos vértices opostos.
9._Trazamos a proxección horizontal da pirámide que ten como base o triángulo obtido no paso anterior e cuarto vértice no punto de interseccion das interseccións dos planos definidos polas circunferencias xeratrices.
Observemos que as caras oblicuas da pirámide están sobre os planos definidos polas circunferencias directrices, e que as arestas concorrentes no vértice superior están situadas nas rectas intersección dos ditos planos, polo que o problema proposto pode reducirse ao cálculo da VM dunha cara oblicua desta pirámide.
10._ Representamos o perfil da esfera auxiliar e da pirámide. Lembremos que as tres caras oblicuas da pirámide son tanxentes á  esfera, e polo tanto podemos axudarnos da terceira proxección da cara paralela á liña de terra para obter a cota do cuarto vértice da pirámide.
11._ Trazamos a cara oblicua da pirámide en VM, ben abatindo sobre o plano horizontal definido pola súa base, ben a partir das respectivas VM dos seus lados.

O ángulo formado polos lados iguais do triángulo resultante e a verdadeira magnitude dos ángulos formados polas interseccións dos planos definidos polas circunferencias xeratrices, e polo tanto o valor buscado.

Deseño do patrón

Definición do problema:

Dada a verdadeira magnitude dos ángulos formados polas interseccións dos planos definidos polas circunferencias directrices, calcular o desenvolvemento da sección dos toros descritos no enunciado anterior cos planos mencionados.

Datos:

Raio da circunferencia directriz: 6,5cm

Raio da circunferencia xeratriz: 2 cm

Ángulos formados polas interseccións dos planos definidos polas circunferencias directrices: tomalo da construción anterior.

Solución

  1. Representamos o ángulo dado 3 veces de forma contigua
  2. Facemos dúas paralelas a 6,5 cm de distancia a ambos lados dos eixes. Na intersección de ditas rectas está o centro das circunferencias directrices. Utilizamos o centro e os eixes para obter os puntos de tanxencia mediante perpendiculares.
  3. Empregando os puntos de tanxencia e os centros para obter as circunferencias directrices.
  4. Restamos e sumamos o raio da circunferencia xeratriz ao raio da circunferencia directriz.
  5. Trazamos dúas circunferencias dende o centro pasando polos dous puntos calculados no paso anterior.

O conxunto de  arcos obtidos mediante este procedemento é o desenvolvemento buscado.

Lámpada de interesante deseño

Link

Na URL inserida debaixo da imaxe pódese ir á paxina onde hai varias fotografías deste modelo. Na miña opinión é moi interesante xa que esta composta por varios módulos que ao unilos pódese formar as figuras que a un lle apeteza. Un concepto que na miña opinión  poderíamos ter en conta á hora de deseñar a nosa propia lámpada.

A lámpada é a seguinte

http://www.guiadkn.com/index.php/2009/02/lmparas-led-de-christian-prescht/