Construción do módulo. Parte II

Unha vez feita a estrutura do módulo en madeira, procedemos a recortar 30 pezas circulares de diámetro 4 cm, as cales se cortan a metade para así pegalas polas dúas caras do modulo de madeira e así facer as seccións. Temos coidado de descontar unha pequena franxa próxima ao diámetro, correspondente ao grosor da madeira da estrutura.

Para conseguir o volume do módulo, enchemos o espazo  entre as seccions con plastilina.

Finalmente defínese ben a superficie da figura e elimínanse as irregularidades para que o molde, sexa o máis perfecto posible.

Construción do módulo. Parte I

Unha vez obtido o deseño do módulo, procédese a imprimilo en papel ao tamaño que se desexe. Para obtelo faise unha primeira impresión e determinamos fácilmente o tamaño do arquivo pois sabemos que as razóns das medidas no mesmo son proporcionais ás razóns das medidas impresas. Vólvese imprimir e compróbase que a medida é a correcta. Cando xa se está seguro de ue se ten as medidas imprímese o modelo en papel pegatina, pégase en contrachapado e córtase cun cúter.

Unha vez obtidas as pezas procédese a marcar nelas unhas seccións radiais cunha separación de 2 cm.

Por último péganse as tres pezas no ángulo adecuado utilizando un modelo de ángulo imprimido e cortado.

Lámpada Coral

A Lámpada Coral de Lagranja para Pallucco (a empresa que produce a famosa lámpada de Fortuny) é un bo exemplo de obxecto de iluminación modular orgánico.

Estes bosquexos que ofrecen na súa páxina mostran detalles construtivos que organizan unha forma aparentemente tan caótica.

No seguinte vídeo podemos apreciar que o núcleo da lámpada é unha estrutura poliédrica.

Coral Lamp from lagranja design on Vimeo.