Construción final do prototipo

Unha vez que os módulos están rematados, dispoñémonos a realízar probas para determinar o deseño final da lámpada e a forma de unión entre pezas.

As probas realízanse con pezas obtidas a partir dun molde que consta de 5 partes. O material co que se fan é a parafina, que tamén se pode chamar cera de parafina.

I Probas de unión:

- Unión mediante pistola termofusible:

*A pistola termofusible é unha ferramenta en forma de pistola que se conecta á corrente eléctrica e produce calor. Esta calor funde unha barra de cola, que se introduce pola parte posterior, e sae en forma líquida pola parte anterior. Esa cola fundida é o material que se emprega para pegar.

Para este tipo de unión, déixase quentar a pistola e cando está lista, aplícase nun dos lados que se unirán. Se se aplica en ambos lados, o pegamento únese entre si, pero non une as pezas.

Este método descartouse porque a súa eficacia non era a mellor, xa que pasado un tempo a unión desfacíase ao non aguantar o peso das pezas.

- Unión mediante parafina:

Outra posibilidade que se barallou foi realizar as unións coa propia parafina. Neste caso, únense as pezas e mantéñense na posición que se quere; despois bótaselle a parafina para selar a unión.

Tampouco este método funcionou pois as pezas non quedaban pegadas. A parafina seca moi rápido e ademais ao botala sobre as pezas, crease unha capa que as deforma levemente.

-Unión mediante tubos de cobre:

Para este método, empréganse uns pequenos tubos de cobre. Con estas pequenas pezas, realízanse uns buracos na parte da peza que se unirá xirando os tubos sobre a peza.

Os buracos realízanse sobre as dúas pezas, e unha vez que están feitos, únense mediante outra peza dun diámetro maior.

Para que os buracos se fagan máis rápido, límanse os tubos e fánselle, dese xeito, uns pequenos dentes.

Igualmente, descartouse porque as pezas dañábanse demasiado  con este método.

-Unión directa entre pezas:

Este tipo de unión é unha variante da unión con parafina. Para realizala, aplícase calor directamente sobre as pezas e derreter así a parafina en ambos lados.

Cando está líquída, xúntanse as pezas e únense para que, cando seque, queden unidas definitivamente.

Este método era moi inestable, pois non sempre que se utilizaba as pezas quedaban unidas, por ese motivo tampouco se tivo en conta.

-Unión mediante celo:

Finalmente, a forma de unir que máis convenceu foi na que se empregaba celo.

Primeiro recúbrense as pezas con teflón, para que ao poñerlle o celo este non esvare.

*O teflón serve para evitar fugas en fontanería, protexer as pezas da oxidación, etc.

Despois, unha persoa aguanta as pezas na posición que se quere obter mentres outra utiliza o celo para unilas.

 II Probas de deseño:

Para finalizar co deseño da lámpada, debatiuse se se quería manter o deseño inicial ou realizar outro a partir de cero.

A decisión que se tomou foi a de realizar un deseño novo. Dese xeito, realizáronse varias probas para determinar unha forma que seguise algunhas das pautas xa marcadas.

Debería basearse en formas orgánicas.

Ademáis tiña que ser amplia, que se fosen abrindo os brazos e facendo formas sen seguir unha orde .

Tampouco se quería que fose excesivamente pegada á mesa, senón que os brazos subisen uns sobre os outros.

O deseño final co que nos quedamos foi o seguinte.

      

Deste xeito, acabamos coas fases de  deseño e construción e, o único que falta é o cableado da lámpada e a parte de electricidade.

 

Módulos de parafina

Tras a obtención dun molde dividido en cinco partes, cos seus correspondentes rexistros, procedemos a facer o módulo con parafina, cuxa fórmula química é C25H52.

Para facer o módulo colocamos o molde con todas as pezas no seu lugar, fixándonos en cal foi a última peza que se colocou xa que debera ser a primeira peza en ser despegada do molde despois do bebedeiro.

Á vez que imos montando o molde tamén quentando a parafina, cuxo punto de fusión esta entre 47º e 64º. Cando xa temos a parafina en estado líquido procedemos a vertela no molde, so vertemos a parafina necesaria para facer un módulo resistente e coas paredes finas para logo introducir o cableado. Cando a parafina está vertida, o bebedeiro tápase coa peza do molde correspondente e átase, logo diso xiramos o molde en todas direccións durante uns dez minutos para que así a parafina se pegue as paredes do molde, formando así o módulo.

Tras pasar dez minutos xirando o molde sen parar, procedemos a abrir o molde e extraer o módulo de parafina.

Ao sacar o módulo, pode que teña rebarbas, que se cortan cun coitelo para logo ser pulidas.