Sargadelos, un referente na cerámica

Unha das claves e novidades no proxecto descrito foi coñecer os procedementos de fabricación directamente nunha industria. Sargadelos, unha das firmas de deseño e creación de porcelana senlleiras de Europa, con máis de dous séculos de historia, abriunos as portas para os seus coñecer deseños, procesos de fabricación, e orientar o noso traballo para chegar ao obxetivo final.

Para esta visita contamos coa presenza de Xosé Vizoso (un dos primeiros deseñadores de Sargadelos) que exerceu de guía pola planta de O Castro en Sada.

Comezamos a visita expoñendo o noso traballo ata o momento (módulo en xeso) e o obxectivo final, maquetas iniciais da lámpada, tan pronto como demos a coñecer os nosos propósitos xurdiu unha pequena tormenta de ideas como:
- que podiamos variar o tamaño da peza
-os diversos materiais cos que podiamos facer o modulo
-reaxustes no modelo orixinal

Na zona adicada a I+D coñecimos que en Sargadelos contan cun escáner 3D para dixitalizar figuras para que logo se podan construír as matrices nunha prototipadora.

A segunda fase na nosa visita foi ir á planta de produción situada o carón do edificio principal, alí mostráronnos como se fan as figuras dende a primeira peza ata o se acabado final:

1ºPreparan a barbotina .
Vaciana por colado nos diferentes moldes.
4º Invírtese o molde deixando caer a barbotina restante.

5º Deixase secar ata adquirir a consistencia axeitada para poder retirar o molde.

6º -Retírase o molde e púlense as pezas.
7º-Únense as pezas a man.

8º-Introdúcense as figuras nun forno a 800ºC (así obtense o biscoito).
7º-Co biscoito xa feito xa se pode facer os debuxos pertinentes (os cales nun se iran da peza).

Plantilla para debuxar (estas platillas fanse con láser)

Debuxo feito antes de pasar polo cocido final

8º-Introdúcese a peza, cuberta por un esmalte que a protexe,
no forno túnel que acada os 1400ºC

9º-Por último as pezas van saíndo automaticamente do forno túnel e xa están listas.

Un detalle que vale a pena nomear é que Sargadelos usa tecnoloxía creada por eles mesmos, como é o caso do forno túnel ou da máquina de pratos.

Ao final da visita puidemos observar na subnivel da planta de producción como se fan as misturas e incluso tivemos a oportunidade de observar como se fan pezas polo método de «baleiro». Ver o vídeo MOV07595

Experimentando cos materiais

Antes de construír o noso módulo, queremos probar os materiais necesarios para o noso proxecto. Así poderemos saber as súas características e ver como reaccionan. Para iso faremos dúas probas diferentes:

1ª Observación  do comportamento do barro en contacto co cartón,

2ª Construción dun molde de escaiola.

Antes de nada vou falar un pouco destes dous materiais: barro e  xeso.

Barro: o barro é unha mistura semilíquida de auga e terra composta por sedimentos, partículas de po e arxila. Os depósitos de barro endurécense co paso do tempo ata converterse en lutita. O barro, como material de construción, tanto apilado a man, en forma de ladrillos, ou compactado, é unha forma moi barata e pouco técnica de crear parades e muros.

Xeso: o termo xeso tamén pode referirse ao produto industrial parecido á escaiola, preparado basicamente a partir da pedra de xeso natural, mediante a súa deshidratación, con ou sen adicións para modificar as súas propiedades intrínsecas, como é o fraguado, resistencia, adherencia, retención de auga e densidade, que unha vez elaborados, amásase con auga, e pode ser empregado directamente. Tamén se emprega para a elaboracións de materiais prefabricados.

1º proba: nunha lámina de cartón pequena, pegamos con cola de contacto dúas filas de trozos cuadrangulares de cartón, separados uns 2 cm aproximadamente. Así formamos unha estrutura que se pode recubrir con barro. Recubrímolo todo de barro, deixando pequenos espazos onde o cartón esta en contacto co aire, para que o día seguinte podamos ver a cantidade de humidade que ten o cartón.

2º proba: queremos facer unha parte do molde dun toro. para iso, construímos unha plataforma para o toro. A altura da plataforma ten que chegar ata cubrir a semicircunferencia inferior da circunferencia xeratriz do toro. A partir desa plataforma, formamos unha muralla arredor dela para que a escaiola líquida non escape, e ao secar forme unha parte do molde.

Botamos escaiola ata que supere a altura máxima do toro, o mellor sería que houbera uns 3 cm de espesor. Deixase secar. Ao día seguinte podemos sacar o barro, e o resto de material é parte do molde. Dáselle a volta,e pódese ver perfectamente a metade do toro que está descuberta. Quitamos o toro e xa temos unha parte do molde (parte negativa). Para completalo facemos o mesmo proceso que para a primeira parte: colocamos o toro, facémoslles unha barreira de barro, vertemos escaiola, e esperamos a que seque. Para que funcione o molde deberíase facer uns rexistros e un bebedeiro para verter escaiola líquida.

Para a preparación da escaiola podemos tomar como referencia a información presentada no seguinte vídeo:

Tokani

A empresa mexicana Neko presentou en 2010 na exposición de artistas plásticos e deseñadores industriais da galería Medellín 174 e o taller experimental Arta Cerámica, un deseño de maceta vertical realizado en cerámica. Tokani, que así se chama esta maceta, componse de varios módulos que foron realizados mediante a técnica de colado. Nas imaxes inferiores podemos ver diferentes etapas da elaboración do producto:

As matrices en escaiola.

Unha das pezas aínda sen extraer completamente do molde no que foi colada.

Pezas logo da primeira cocción (biscoitos), antes de esmaltar.