Sargadelos, un referente na cerámica

Unha das claves e novidades no proxecto descrito foi coñecer os procedementos de fabricación directamente nunha industria. Sargadelos, unha das firmas de deseño e creación de porcelana senlleiras de Europa, con máis de dous séculos de historia, abriunos as portas para os seus coñecer deseños, procesos de fabricación, e orientar o noso traballo para chegar ao obxetivo final.

Para esta visita contamos coa presenza de Xosé Vizoso (un dos primeiros deseñadores de Sargadelos) que exerceu de guía pola planta de O Castro en Sada.

Comezamos a visita expoñendo o noso traballo ata o momento (módulo en xeso) e o obxectivo final, maquetas iniciais da lámpada, tan pronto como demos a coñecer os nosos propósitos xurdiu unha pequena tormenta de ideas como:
- que podiamos variar o tamaño da peza
-os diversos materiais cos que podiamos facer o modulo
-reaxustes no modelo orixinal

Na zona adicada a I+D coñecimos que en Sargadelos contan cun escáner 3D para dixitalizar figuras para que logo se podan construír as matrices nunha prototipadora.

A segunda fase na nosa visita foi ir á planta de produción situada o carón do edificio principal, alí mostráronnos como se fan as figuras dende a primeira peza ata o se acabado final:

1ºPreparan a barbotina .
Vaciana por colado nos diferentes moldes.
4º Invírtese o molde deixando caer a barbotina restante.

5º Deixase secar ata adquirir a consistencia axeitada para poder retirar o molde.

6º -Retírase o molde e púlense as pezas.
7º-Únense as pezas a man.

8º-Introdúcense as figuras nun forno a 800ºC (así obtense o biscoito).
7º-Co biscoito xa feito xa se pode facer os debuxos pertinentes (os cales nun se iran da peza).

Plantilla para debuxar (estas platillas fanse con láser)

Debuxo feito antes de pasar polo cocido final

8º-Introdúcese a peza, cuberta por un esmalte que a protexe,
no forno túnel que acada os 1400ºC

9º-Por último as pezas van saíndo automaticamente do forno túnel e xa están listas.

Un detalle que vale a pena nomear é que Sargadelos usa tecnoloxía creada por eles mesmos, como é o caso do forno túnel ou da máquina de pratos.

Ao final da visita puidemos observar na subnivel da planta de producción como se fan as misturas e incluso tivemos a oportunidade de observar como se fan pezas polo método de «baleiro». Ver o vídeo MOV07595

Monografía: Materiais cerámicos

Nas seguintes monografías Monografía: Materiais cerámicos, Una introdución a los materiales cerámicos podes obter información sobre os materiais cerámicos, a súa composición, tipos, estrutura química, fabricación de productos cerámicos, moldeo e  moita máis información sobre este tipo de materiais

Traballo sobre materiais cerámicos elaborado por Alejandro Tobío mat_ceramicos

 

Un novo proxecto

O reto presentado no curso 2011-2012 era deseñar unha lámpada  de cerámica,  con LEDs  e  forma  baseada en elementos orgánicos que se repetiran formando unha estrutura asimétrica.

                  

LEDs                                                                              Formas orgánicas

Ademais das características xa mencionadas, a estrutura debía ser modular, cun módulo que fose fácil de reproducir polo método de traballo que empregamos. Para unha primeira aproximación da construción, empregaremos os procesos de fabricación empregados  na recoñecida industria de Sargadelos, que é unha das firmas de deseño e creación de porcelana senlleiras de Europa, con máis de dous séculos de historia vencellados ao desenvolvemento da cultura de Galicia en todos os eidos da creatividade. Para iso, construiríamos, mediante os nosos medios,  un molde e, a partir del, un módulo da nosa lámpada, para estudar as posibilidades de reprodución da peza. Unha vez estudado e optimizado o módulo, nunha fase inicial do proxecto, procedía investigar as posibilidades da forma global da lámpada para o cal construímos un prototipo en parafina, para continuar no futuro coa construción da mesma en cerámica, en colaboración con Sargadelos.

As bases de partida do proxecto foron dúas lámpadas moi diferentes e un percheiro modular cerámico, sobre os cales realizamos unha análise e recollemos de cada unha as ideas que máis nos gustaban e que se axustaban ao que buscábamos.

Ao principio barallouse a posibilidade de realizar unha lámpada de teito, pero preferiuse unha de mesa, pois parecía unha alternativa máis vistosa e cunha saída mellor para a súa colocación.

Da lámpada de Philips Living Color, a idea que se recolleu foi a de realizar todo o cableado por dentro e que non quedase á vista, do mesmo xeito no que os LEDs tamén estarían no interior da lámpada.

               

Da Lámpada de Fortuny, atraeunos o efecto que lle proporcionaban á luz os reflectantes que emprega, e intentamos empregar algo parecido para que a luz que proxectase a nosa lámpada tamén fose algo difusa e creara, desa maneira, un ambiente máis cálido e confortable.

Por último, do percheiro de Milky Star, tívose en conta as súas formas, que tiñan bastante en común co que buscabamos.

Información:

  • Cerámica: material inorgánico, non metal, bo illante e que ademais ten unha temperatura de fusión e resistencia moi elevada.
  • LEDs díodos semicondutores que emiten luz.