Volta ao traballo tras a visita a Sargadelos

Tras a visita a Sargadelos e analizada a información obtida, chegamos a varias conclusións para redirixir o traballo e puxémonos a traballar para poñelas en práctica.

A primeira decisión que tomamos era a de obter un modelo ou maqueta da lámpada que queríamos. Polo que decidimos volver a facer a estrutura desexada en papel. Para iso imprimimos o patrón na escala que desexabamos e recortámolo cunhas tesoiras. Despois para poder unir os módulos no ángulo que desexábamos pegámoslle uns círculos de papel a cada extremo de cada módulo. A continuación unímolos con pegamento construindo a forma que nos parecía axeitada seguindo a figura dunha esfera como guía.

Esta foi a estrutura obtida unha vez rematado de unir os módulos de papel.

Porén esta estrutura obtida non ofrecía a rixidez que buscabamos polo que decidimos cambiar de material e reconstruir unha nova. O material que eliximos foi o cartón. Para obter os modulos imprimimos o patrón en papel de pegatina e pegámolo en cartón. Despois recortamos os módulos. Para unilos, tal como fixemos co papel, recortamos unhas circunferencias.

Nesta imaxe vese cómo se cortou un módulo en cartón.

Non acabamos de montar a estrutura de cartón xa que unha idea nova foi proposta. Esta consisitía en utilizar un molde dun modulo feito en pasta de modelar e obter os novos módulos nun novo material de traballo: a parafina.

Nesta imaxe podemos ver o módulo do que se obtivo o molde para facer os módulos en parafina.

Comments are closed.