Unha vez creado o módulo con cartón, madeira e plastilina como xa explicaron noutra parte do proceso, corresponde facer o chamado «molde perdido».
O molde perdido faise coa intención de poder crear así un modulo en escaiola, unha vez teñamos ese módulo de escaiola deberiamos facer un segundo molde para poder vaciar tantos módulos como queiramos.
Para facer o molde perdido, antes tivemos que facer unha estrutura partindo dunha semiesfera de porexpán, cubríndoa ata un pouco máis da metade da altura. A parte branca que se ve da semiesfera é onde apoiamos o módulo que vemos na imaxe anterior.
O cartón usámolo para que a estrutura sexa máis forte e a escaiola non se derrame.
Aquí vemos como botamos a escaiola para a elaboración do molde perdido. Esta ten que cubrir todo o módulo.
Unha vez rematada a fase de verter a escaiola, debemos deixar que frague.
Este é o resultado final. Xa temos o noso molde.