Deseños inspirados en formas orgánicas

Hoxe en día estanse a empregar moitos deseños inspirados en formas orgánicas como pode ser por exemplo a seguinte lámpada que posúe unha forma de polbo ou medusa. A súa forma é bastante simple, pois o que serían os «tentáculos» poderíanse fabricar por separado e unirse ao final á «cabeza». Os propios tentáculos son os que suxeitan a lámpada e impiden que esta caia, polo que xa non sería necesario preocuparse pola súa suxección.

http://www.elblogdetyq.com/2011/06/nueva-lampara-de-diseno.html

Outro deseño que tamén segue esta liña de pensamento sería a chamada «ninfa». Esta lámpada posúe a forma dun insecto. A simple vista pode parecer máis complicada de realizar, pero penso que se se fai do mesmo xeito que a anterior, patas e corpo por separado, podería chegar a ser máis fácil.

Na ligazón que está a continuación pódense atopar outros deseños ademáis da ninfa.

http://www.taringa.net/posts/imagenes/2358345/Los-40-Disenos-mas-Creativos-de-Lamparas.html

Un novo proxecto

O reto presentado no curso 2011-2012 era deseñar unha lámpada  de cerámica,  con LEDs  e  forma  baseada en elementos orgánicos que se repetiran formando unha estrutura asimétrica.

                  

LEDs                                                                              Formas orgánicas

Ademais das características xa mencionadas, a estrutura debía ser modular, cun módulo que fose fácil de reproducir polo método de traballo que empregamos. Para unha primeira aproximación da construción, empregaremos os procesos de fabricación empregados  na recoñecida industria de Sargadelos, que é unha das firmas de deseño e creación de porcelana senlleiras de Europa, con máis de dous séculos de historia vencellados ao desenvolvemento da cultura de Galicia en todos os eidos da creatividade. Para iso, construiríamos, mediante os nosos medios,  un molde e, a partir del, un módulo da nosa lámpada, para estudar as posibilidades de reprodución da peza. Unha vez estudado e optimizado o módulo, nunha fase inicial do proxecto, procedía investigar as posibilidades da forma global da lámpada para o cal construímos un prototipo en parafina, para continuar no futuro coa construción da mesma en cerámica, en colaboración con Sargadelos.

As bases de partida do proxecto foron dúas lámpadas moi diferentes e un percheiro modular cerámico, sobre os cales realizamos unha análise e recollemos de cada unha as ideas que máis nos gustaban e que se axustaban ao que buscábamos.

Ao principio barallouse a posibilidade de realizar unha lámpada de teito, pero preferiuse unha de mesa, pois parecía unha alternativa máis vistosa e cunha saída mellor para a súa colocación.

Da lámpada de Philips Living Color, a idea que se recolleu foi a de realizar todo o cableado por dentro e que non quedase á vista, do mesmo xeito no que os LEDs tamén estarían no interior da lámpada.

               

Da Lámpada de Fortuny, atraeunos o efecto que lle proporcionaban á luz os reflectantes que emprega, e intentamos empregar algo parecido para que a luz que proxectase a nosa lámpada tamén fose algo difusa e creara, desa maneira, un ambiente máis cálido e confortable.

Por último, do percheiro de Milky Star, tívose en conta as súas formas, que tiñan bastante en común co que buscabamos.

Información:

  • Cerámica: material inorgánico, non metal, bo illante e que ademais ten unha temperatura de fusión e resistencia moi elevada.
  • LEDs díodos semicondutores que emiten luz.