Construción do molde perdido.

Unha vez creado o módulo con cartón, madeira e plastilina como xa explicaron noutra parte do proceso, corresponde facer o chamado «molde perdido».

O molde perdido faise coa intención de poder crear así un modulo en escaiola, unha vez teñamos ese módulo de escaiola deberiamos facer un segundo molde para poder vaciar tantos módulos como queiramos.

Para facer o molde perdido, antes tivemos que facer unha estrutura partindo dunha semiesfera de porexpán, cubríndoa ata un pouco máis da metade da altura. A parte branca que se ve da semiesfera é onde apoiamos o módulo que vemos na imaxe anterior.

O cartón usámolo para que a estrutura sexa máis forte e a escaiola non se derrame.

Aquí vemos como botamos a escaiola para a elaboración do molde perdido. Esta ten que cubrir todo o módulo.

Unha vez rematada a fase de verter a escaiola, debemos deixar que frague.

Este é o resultado final. Xa temos o noso molde.

Experimentando cos materiais

Antes de construír o noso módulo, queremos probar os materiais necesarios para o noso proxecto. Así poderemos saber as súas características e ver como reaccionan. Para iso faremos dúas probas diferentes:

1ª Observación  do comportamento do barro en contacto co cartón,

2ª Construción dun molde de escaiola.

Antes de nada vou falar un pouco destes dous materiais: barro e  xeso.

Barro: o barro é unha mistura semilíquida de auga e terra composta por sedimentos, partículas de po e arxila. Os depósitos de barro endurécense co paso do tempo ata converterse en lutita. O barro, como material de construción, tanto apilado a man, en forma de ladrillos, ou compactado, é unha forma moi barata e pouco técnica de crear parades e muros.

Xeso: o termo xeso tamén pode referirse ao produto industrial parecido á escaiola, preparado basicamente a partir da pedra de xeso natural, mediante a súa deshidratación, con ou sen adicións para modificar as súas propiedades intrínsecas, como é o fraguado, resistencia, adherencia, retención de auga e densidade, que unha vez elaborados, amásase con auga, e pode ser empregado directamente. Tamén se emprega para a elaboracións de materiais prefabricados.

1º proba: nunha lámina de cartón pequena, pegamos con cola de contacto dúas filas de trozos cuadrangulares de cartón, separados uns 2 cm aproximadamente. Así formamos unha estrutura que se pode recubrir con barro. Recubrímolo todo de barro, deixando pequenos espazos onde o cartón esta en contacto co aire, para que o día seguinte podamos ver a cantidade de humidade que ten o cartón.

2º proba: queremos facer unha parte do molde dun toro. para iso, construímos unha plataforma para o toro. A altura da plataforma ten que chegar ata cubrir a semicircunferencia inferior da circunferencia xeratriz do toro. A partir desa plataforma, formamos unha muralla arredor dela para que a escaiola líquida non escape, e ao secar forme unha parte do molde.

Botamos escaiola ata que supere a altura máxima do toro, o mellor sería que houbera uns 3 cm de espesor. Deixase secar. Ao día seguinte podemos sacar o barro, e o resto de material é parte do molde. Dáselle a volta,e pódese ver perfectamente a metade do toro que está descuberta. Quitamos o toro e xa temos unha parte do molde (parte negativa). Para completalo facemos o mesmo proceso que para a primeira parte: colocamos o toro, facémoslles unha barreira de barro, vertemos escaiola, e esperamos a que seque. Para que funcione o molde deberíase facer uns rexistros e un bebedeiro para verter escaiola líquida.

Para a preparación da escaiola podemos tomar como referencia a información presentada no seguinte vídeo: