Electrificación da lámpada

Unha vez construídos os módulos, decidimos facer probas de electrificación para 2 módulos.

  • Deseño do circuíto e compoñentes eléctricos e electrónicos:

Inicialmente deseñamos o circuíto e realizamos os cálculos pertinentes, para saber que resistencia tiñamos que colocar, empregando a Lei de Ohm.  O circuíto estaba formado por 2 led,s de alta luminosidade en serie cunha resistencia e un interruptor como elemento de control. Reutilizamos un cargador vello dun móbil como fonte de alimentación, para poder enchufar a lámpada  directamente á rede eléctrica. Probamos o circuíto empregando unha placa protoboard e realizamos medidas de voltaxe e intensidade co polímetro. Logo de facer o calculo numérico e de elixir a resistencia adecuada, pasamos a montar o circuíto dentro no interior dos módulos.

  • Cableado:

Cableamos os módulos da lámpada, asegurándonos de que as pezas estaban totalmente ocas e  tiñan o suficiente espazo para pasalo cable. Analizamos como deberías ir as conexións volvendo ao esquema electrónico.

  • Instalación dos LED,s:

Unha vez os cables listos e ben preparados, dispoñémonos a colocar os leds no seu sitio empregando uns porta-led,s prefabricados que insertaremos na parafina. Debemos revisar as conexións dos leds para que a intensidade poda circular. Temos que asegurarnos de que as unións sexan estables para evitar problemas de conexión.

  • Comprobacións:

Probamos o circuíto antes de soldar os compoñentes e finalizar o proceso de cableado. Conectamos o noso novo circuíto a unha toma de corrente e vemos como funcionan os nosos leds. Probamos a mobilidade do circuíto para ver que está ben construído e que non se desune. No caso de que estas dúas accións non saian como esperamos, deberemos revisar o circuíto outra vez ata atopar o fallo.

Se todo sae ben, así é como queda.

  • Soldadura:

Unha vez comprobado o circuíto, soldamos as unións dos compoñentes electrónicos ao cable e unimos os módulos de parafina.

 

 

Lámpadas case perfectas.

Os LED (diodo emisor de luz) teñen un consumo inferior a  todas as lámpadas do mundo, teñen unha duración e iluminación superior e son reciclables, estas cualidades son as que fan que os LED se utilicen en todo tipo de obxectos, dende a iluminación dun reloxio ata a iluminación dun monumento histórico.

(LED)

(Edificio iluminado con LED)

Para ampliar os coñecementos sobre os LED