Construción final do prototipo

Unha vez que os módulos están rematados, dispoñémonos a realízar probas para determinar o deseño final da lámpada e a forma de unión entre pezas.

As probas realízanse con pezas obtidas a partir dun molde que consta de 5 partes. O material co que se fan é a parafina, que tamén se pode chamar cera de parafina.

I Probas de unión:

- Unión mediante pistola termofusible:

*A pistola termofusible é unha ferramenta en forma de pistola que se conecta á corrente eléctrica e produce calor. Esta calor funde unha barra de cola, que se introduce pola parte posterior, e sae en forma líquida pola parte anterior. Esa cola fundida é o material que se emprega para pegar.

Para este tipo de unión, déixase quentar a pistola e cando está lista, aplícase nun dos lados que se unirán. Se se aplica en ambos lados, o pegamento únese entre si, pero non une as pezas.

Este método descartouse porque a súa eficacia non era a mellor, xa que pasado un tempo a unión desfacíase ao non aguantar o peso das pezas.

- Unión mediante parafina:

Outra posibilidade que se barallou foi realizar as unións coa propia parafina. Neste caso, únense as pezas e mantéñense na posición que se quere; despois bótaselle a parafina para selar a unión.

Tampouco este método funcionou pois as pezas non quedaban pegadas. A parafina seca moi rápido e ademais ao botala sobre as pezas, crease unha capa que as deforma levemente.

-Unión mediante tubos de cobre:

Para este método, empréganse uns pequenos tubos de cobre. Con estas pequenas pezas, realízanse uns buracos na parte da peza que se unirá xirando os tubos sobre a peza.

Os buracos realízanse sobre as dúas pezas, e unha vez que están feitos, únense mediante outra peza dun diámetro maior.

Para que os buracos se fagan máis rápido, límanse os tubos e fánselle, dese xeito, uns pequenos dentes.

Igualmente, descartouse porque as pezas dañábanse demasiado  con este método.

-Unión directa entre pezas:

Este tipo de unión é unha variante da unión con parafina. Para realizala, aplícase calor directamente sobre as pezas e derreter así a parafina en ambos lados.

Cando está líquída, xúntanse as pezas e únense para que, cando seque, queden unidas definitivamente.

Este método era moi inestable, pois non sempre que se utilizaba as pezas quedaban unidas, por ese motivo tampouco se tivo en conta.

-Unión mediante celo:

Finalmente, a forma de unir que máis convenceu foi na que se empregaba celo.

Primeiro recúbrense as pezas con teflón, para que ao poñerlle o celo este non esvare.

*O teflón serve para evitar fugas en fontanería, protexer as pezas da oxidación, etc.

Despois, unha persoa aguanta as pezas na posición que se quere obter mentres outra utiliza o celo para unilas.

 II Probas de deseño:

Para finalizar co deseño da lámpada, debatiuse se se quería manter o deseño inicial ou realizar outro a partir de cero.

A decisión que se tomou foi a de realizar un deseño novo. Dese xeito, realizáronse varias probas para determinar unha forma que seguise algunhas das pautas xa marcadas.

Debería basearse en formas orgánicas.

Ademáis tiña que ser amplia, que se fosen abrindo os brazos e facendo formas sen seguir unha orde .

Tampouco se quería que fose excesivamente pegada á mesa, senón que os brazos subisen uns sobre os outros.

O deseño final co que nos quedamos foi o seguinte.

      

Deste xeito, acabamos coas fases de  deseño e construción e, o único que falta é o cableado da lámpada e a parte de electricidade.

 

Iniciando o proxecto

Fase I. Búsqueda de información:

Nesta primeira fase ten lugar a chamada tormenta de ideas, na que cada membro do equipo aporta todas as ideas que poden ser útiles. Investígase sobre materiais, deseños e formas empregando as novas tecnoloxías e diversas fontes de información para realizar unha lámpada composta por módulos.

Algunhas das ideas que se sopesaron e sobre o que se investigou antes de chegar ao deseño final foron as seguintes:

Andromeda, un deseño interesante      Lámpada de interesante diseño

Lámpada Coral                                       Voetbal Lamp de Piet Hein Eek

Ademáis da tormenta de ideas, nun primeiro momento cosiderouse a opción de imitar formas xa existentes, pero descartouse a medida que avanzaba o proxecto.

Tras a investigación inicial, procédese ao chamado pensamento crítico, no que se decide que modelos ou deseños son os que posúen mellores características, propiedades e se ccumpren as necesidades do noso proxecto; e escoller, dese xeito, a idea que consideramos como a mellor.

Fase II. Deseño do módulo:

Unha vez fixadas as características do módulo, procédese a realizar un debuxo en papel. Despóis de definir máis o seu deseño e forma fanse maquetas para ter unha aproximación do que se quere obter e se hai algún problema coas formas escollidas.

Finalmente, establécese que o módulo está baseado en formas orgánicas e a partir de circunferencias tanxentes entre sí. A forma coa que se traballará está composta por sectores de toro que se intersecan entre si e que forman unha peza con  tres «brazos», dous no mesmo sentido e un en sentido contrario. Para ter conciencia da peza rematada realízase unha aproximación en poliestireno expandido, tamén coñecido como porexpán.

Para esta pequena proba, debúxase a forma do módulo na esfera de porexpán axudándose  dun toro de plástico co que se fan as circunferencias.

Tras ter a forma debuxada, procédese a recortar a peza cun cúter.

Para determinar o deseño final da lámpada (colocar os módulos no espazo), emprégase unha esfera sobre a cal os módulos reproducirán a súa forma circular. Utilízase o módulo recortado para establecer a colocación destes no espazo, formando unha esfera, e para saber o número necesario de módulos e as unións que terán lugar.

Deseños inspirados en formas orgánicas

Hoxe en día estanse a empregar moitos deseños inspirados en formas orgánicas como pode ser por exemplo a seguinte lámpada que posúe unha forma de polbo ou medusa. A súa forma é bastante simple, pois o que serían os «tentáculos» poderíanse fabricar por separado e unirse ao final á «cabeza». Os propios tentáculos son os que suxeitan a lámpada e impiden que esta caia, polo que xa non sería necesario preocuparse pola súa suxección.

http://www.elblogdetyq.com/2011/06/nueva-lampara-de-diseno.html

Outro deseño que tamén segue esta liña de pensamento sería a chamada «ninfa». Esta lámpada posúe a forma dun insecto. A simple vista pode parecer máis complicada de realizar, pero penso que se se fai do mesmo xeito que a anterior, patas e corpo por separado, podería chegar a ser máis fácil.

Na ligazón que está a continuación pódense atopar outros deseños ademáis da ninfa.

http://www.taringa.net/posts/imagenes/2358345/Los-40-Disenos-mas-Creativos-de-Lamparas.html

Lámpada LUNE

A lámpada LUNE posúe varios dos requisitos que se precisan para o proxecto a realizar. Posúe unha forma moi simple (esférica), fácil de facer e fácil de obter módulos a partir dela. Grazas á súa forma e ao material do que está formado, que neste caso se trata de cerámica, pode parecer unha escultura, motivo polo cal se pode empregar como obxecto de decoración.

Baséase en tecnoloxía LED, polo que a súa calidade de iluminación é moi boa. Ademáis, a parte onde se sitúan os LEDs, é xiratoria, facendo posible orientar a luz cara a onde se queira. É unha lámpada de baixo consumo que pode tamén cambiar a intensidade e a cor.

Se se precisa ou se se quere, pódense combinar varias para crear efectos visuais mellores como ocorre na seguinte imaxe.

No seguinte vídeo apréciase o efecto de cores que producen estas lámpadas nunha habitación.

http://vimeo.com/21089993

A páxina web da que obtiven a información é a seguinte:

http://is-arquitectura.es/2011/08/24/lune-lampara-con-matriz-densa-de-leds/

 

 

Andromeda, un deseño interesante

Andromeda é o nome dunha lámpada do deseñador industrial Ross Lovegrove.

Está feita de cerámica, e apesar de que este modelo non esté constituído por módulos, penso que se poderían empregar estas formas para realizar unha lámpada modular, convinando diferentes partes. Está inspirada en estruturas orgánicas e creo que ese é un bo camiño polo que continuar a búsqueda de formas e deseños.

Emprega LEDs para a iluminación e tamén incorpora uns espellos nos que se reflicte a luz creando, deste xeito, xogos de sombras que poden ser interesantes. A pesar de que sexa para colgar do teito, poderíase realizar tamén para estar nunha mesa coma se fose un obxecto, dotándoa dunha superficie na que se poida apoiar. Aquí está outra fotografía na que se pode apreciar esas formas que realiza cando está encendida.

 

As páxinas nas que se poden obter máis información son:

http://abrideira.blogspot.com.es/2010/07/andromeda.html

http://hel.veti.ca/index.php/2010/07/lampara-andromeda-por-ross-lovegrove/

Un novo proxecto

O reto presentado no curso 2011-2012 era deseñar unha lámpada  de cerámica,  con LEDs  e  forma  baseada en elementos orgánicos que se repetiran formando unha estrutura asimétrica.

                  

LEDs                                                                              Formas orgánicas

Ademais das características xa mencionadas, a estrutura debía ser modular, cun módulo que fose fácil de reproducir polo método de traballo que empregamos. Para unha primeira aproximación da construción, empregaremos os procesos de fabricación empregados  na recoñecida industria de Sargadelos, que é unha das firmas de deseño e creación de porcelana senlleiras de Europa, con máis de dous séculos de historia vencellados ao desenvolvemento da cultura de Galicia en todos os eidos da creatividade. Para iso, construiríamos, mediante os nosos medios,  un molde e, a partir del, un módulo da nosa lámpada, para estudar as posibilidades de reprodución da peza. Unha vez estudado e optimizado o módulo, nunha fase inicial do proxecto, procedía investigar as posibilidades da forma global da lámpada para o cal construímos un prototipo en parafina, para continuar no futuro coa construción da mesma en cerámica, en colaboración con Sargadelos.

As bases de partida do proxecto foron dúas lámpadas moi diferentes e un percheiro modular cerámico, sobre os cales realizamos unha análise e recollemos de cada unha as ideas que máis nos gustaban e que se axustaban ao que buscábamos.

Ao principio barallouse a posibilidade de realizar unha lámpada de teito, pero preferiuse unha de mesa, pois parecía unha alternativa máis vistosa e cunha saída mellor para a súa colocación.

Da lámpada de Philips Living Color, a idea que se recolleu foi a de realizar todo o cableado por dentro e que non quedase á vista, do mesmo xeito no que os LEDs tamén estarían no interior da lámpada.

               

Da Lámpada de Fortuny, atraeunos o efecto que lle proporcionaban á luz os reflectantes que emprega, e intentamos empregar algo parecido para que a luz que proxectase a nosa lámpada tamén fose algo difusa e creara, desa maneira, un ambiente máis cálido e confortable.

Por último, do percheiro de Milky Star, tívose en conta as súas formas, que tiñan bastante en común co que buscabamos.

Información:

  • Cerámica: material inorgánico, non metal, bo illante e que ademais ten unha temperatura de fusión e resistencia moi elevada.
  • LEDs díodos semicondutores que emiten luz.