Nos seguintes vídeos podes observar a elaboración de moldes e modelos
Author Archives: Luz Ramos
Monografía: Materiais cerámicos
Nas seguintes monografías Monografía: Materiais cerámicos, Una introdución a los materiales cerámicos podes obter información sobre os materiais cerámicos, a súa composición, tipos, estrutura química, fabricación de productos cerámicos, moldeo e moita máis información sobre este tipo de materiais
Traballo sobre materiais cerámicos elaborado por Alejandro Tobío mat_ceramicos
Deseño e construcción da silla Eames
Neste vídeo amósase o proceso de construción artesanal dun dos máis coñecidos proxectos dos Eames as sillas.
Moldes e reproducións cerámicas
Interesante post sobre moldes e reproducións cerámicas da Escola de Arte San Telmo de Málaga, que nos permite ver con imaxes o proceso de construción de moldes e reprodución de pezas en cerámica.
Lámpada de metal de HONOKA TAVOLO
Ata 100 produtos Nemo sobre iluminación por Arhi Expo
Ceramic Lamps de Matt Gagnon Studio
O estudio Matt Gagnon realiza esta interesante proposta.
Fases do proceso productivo
A continuación un breve recordatorio das fases do proceso produtivo industrial, para que as poidamos seguir e adaptar ao noso traballo.
Fase1. Estudo de mercado:
a) Fontes de información:
– Necesidades
– Ideas
b) Investigación:
– Método de ensaio- erro
– Método científico
Fase2. Desenvolvemento:
a) Deseño: condicionantes:
– proceso de fabricación
– facilidade de montaxe e desmontaxe
– ergonomía
– estética agradable
– resistencias dos materiais
– normalización
b) Fabricación de maquetas
c) Fabricación de prototipos
e) Proxecto técnico:
1. Memoria
2. Prego de condicións
3. Planos
4. Presuposto
Fase3. Planificación da produción
a) Listado de fases
b) Diagrama de fluxo
c) Planificación
Fase4. Fabricación de produtos
a) Aprovisionamento de materiais
b) Proceso de fabricación
c) Xestión de calidade
a) Tipos de CC: no proceso e no produto
b) Ferramentas de CC
c) CC na produción
d) Defectos
Fase 5: Comercialización e reciclaxe:
*Nos non desenvolveremos esta fase
LED,s
Un diodo é un compoñente electrónico que permite que circule a corrente nun determinado sentido, dende o ánodo (+) ata o cátodo (-), e impide que circule no sentido contrario.
Os led,s están compostos por un material semiconductor.
Úsanse como indicadores en moitos dispositivos, e cada vez con máis frecuencia, en iluminación.
As aplicacións dos LEDs atopámolas como indicadores de funcionamento ou control de aparatos modernos: ordenadores, impresoras, luces de testemuña dos automóbiles, etc. Cada vez que vemos que pequenas luces acéndense para indicar algo, xeralmente trátanse de LEDs, xa que presentan moitas vantaxes respecto ás lámpadas de incandescencia: menor consumo eléctrico, maior resistencia e duración e menor tamaño.
Electrificación de lámpadas con LEDś:
- No IES Pedro de Valdivia, realizaron un proxecto de lámpadas con LEDs. Podemos consultar información sobre o circuíto na web : Lámpada con diodos LED
- Na seguinte publicación de Miguel Racero do blog http://margtecnologia.blogspot.com.es/ podes consultar outro proxecto con LEDs